O Campionato Galego de Trial chega mañá a Rubiáns da man do SQeM

O Campionato Galego de Trial chega mañá a Rubiáns da man do SQeM
Imaxe da proba celebrada o pasado ano tamén no Monte de Perrón | G. Salgado

O motoclube SQeM Vilagarcía organiza mañá no monte de Rubiáns a penúltima proba do Campionato Galego de Trial. Participarán corenta pilotos chegados de toda a comunidade autónoma, ademais da de Castela e León. A proba conta coa colaboración do Concello e da Fundación de Deportes, a da asociación de veciños e a comunidade de montes de Rubiáns. Arrancará ás 9:30 horas e rematará cinco horas despois, ás 14:30, coa entrega de trofeos.


Os pilotos repartiranse nas nove categorías programadas: TR1, TR2, TR3, TR4, TR4 Infantil, TR5, TR5 Infantil, Alevín e Clásicas B. Haberá dende rapaces de seis anos ata pilotos con moita experiencia, algúns con títulos como campións de España e de Europa. 


As zonas están diseñadas geográficamente en dous grupos de catro e tres, moi accesibles para o público. A saída e chegada dos deportistas será desde o centro sociocultural do Souto, e desde alí realizarán tres voltas ao percorrido que estará marcado por zonas de obstáculos naturais.  Ao finalizar o evento realizarase a entrega de Trofeos no mesmo centro para todas as categorías participantes. 


O pasado ano a proba organizada polo clube que preside Alberto Miguéns foi un éxito e tivo como gañador a Xurxo Neo Suárez. Dende o clube agradecen a todos os colaboradores que fan posible poder repetir en Vilagarcía.  

O Campionato Galego de Trial chega mañá a Rubiáns da man do SQeM

Te puede interesar