Todo listo nas instalacións da Senra, onde arranca hoxe a partir das 10 horas a XXVII edición do Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7. De forma simultánea xóganse partidos nos campos de herba natural e herba artificial, preparados para a ocasión coas dimensións e as medidas das porterías da modalidade de fútbol 7. Neste primeiro día disputánse partidos da fase de grupos, donde os afeccionados que se acheguen a Ribadumia xa poderán ver aos vinte equipos participantes en acción.
Os primeiros da ampla nómina de favoritos en debutar serán o Barcelona e o Porto, que xogan contra o Nordsjaelland e contra o Conxo. O equipo de Dinamarca xogou onte un amistoso na Bouza, en Barrantes, co Kashiwa Reysol, xa que foron dos primeiros equipos en chegar a Arousa. Gañaron os xaponeses 2-1 e ous dous equipos ofreceron un bo espectáculo. No caso dos santiagueses, foron un dos catro clasificados na fase previa que tivo lugar en Semana Santa, xunto a Racing de Ferrol, Victoria CF e Quirinal de Avilés. No segundo turno da mañá xogará un dos debutantes na historia do AF7, o AC Milan, que se presenta en Arousa cunhas das mellores xeracións de canteira dos seus últimos anos. Espérase moito dos italianos, pero terán que adaparse a exixencia dun campionato onde as diferenzas cada vez son menores entre os equipos, incluso cos que veñen dende a previa.
Ás 10:40 horas tamén se xoga un partido moi interesante entre dos equipos españois que saben o que é gañar o torneo, o Valencia, que levantou o título no 2008, e o Real Betis, que defende o acadado o pasado ano con Tiago Polo como gran protagonista. Ás 11:20 horas xoga o Real Madrid, que loita por lograr a quinta copa de campión logo de moitos anos. Estréase contra o RCD Esoanyol, que é outro dos equipos que poden gañar o torneo o domingo. Á mesma hora xoga o Celta, que gañou a súa liga de fútbol 8 na zona de Vigo con 29 vitorias e un só empate en 30 partidos. Os últimos partidos da xornada matinal servirán para ver o Kashiwa Reysol de Xapón, que xoga contra o Quirinal, e un Benfica que se enfronta a outro dos debutantes no AF7, o Levante.
A xornada de tarde comeza ás 16 horas, cos partidos Conxo vs FC Barcelona e FC Porto vs Deportivo. Os últimos equipos en estrearse hoxe no evento serán o Sporting de Portugal, que xoga co Valencia ás 16.40 horas, o Dinamo Zagreb, que mídese ao Celta ás 17.20 horas, e o Manchester City, que pecha esta primeira xornada cos xaponeses ás 18 horas.
Este venres haberá 16 partidos. Unha vez finalizados, a organización fará o tradicional acto de benvida aos representantes de todos os equipos. As entradas por día para o público teñen un custe de 13 euros e o bono para os tres días, 25 euros. Os menores de 14 anos acceden gratis.