O Club Acuático Umia iniciou a temporada participando na I Xornada de liga galega celebrada na piscina Rosario Dueñas de Ourense, ata onde desprazou a 39 deportistas entre as categorías alevín, infantil, cadete e xuvenil, xunto cos adestradores José Ramón e Álex Piso. O Umia acadou a segunda posición na liga alevín e a terceira na conxunta infantil-cadete e xuvenil.
En alevíns destacaron os resultados de Elia Loureiro, Xana Garrido, Irene Rodríguez, Greta Santos, Pablo González, Kevin Nunes, Manuel Gómez e Carlos Faílde, Así como Martiño Tellado e Antón Sesto.
Na categoría infantil, Vera Rey gañou a proba dos 10 obstáculos. Tamén destacaron Martina Buceta, Iria Aboy, Antía Bouzón, Xana Puente, Xiana Pérez e Amelia Santos 67ª. Así como na categoría masculina Anxo Varela, Mauro Garrido, Mateo Santos, Xoán Fuentes e Pablo Pereira. Nos relevos infantís o Umia conseguía a segunda posición feminina e masculina.
Na categoría cadete Sara González puntuaba nos 200 obstáculos (15ª), Carla Martinez finalizaba 20ª mentres que en categoría masculina Hugo Parada era 4º, Raúl 10º e tamén participaban Marco Rebollar, Yago Cespón, Pablo Puente e Brais Santos. Na proba de 50 remolque Carla Oubel finalizaba entre as dez primeiras (9ª). na categoría masculina puntuaban Hugo (6º) e Marco (12º), quedando Yago no posto 17º. Nos relevos cadete o Umia acadaba a terceira posición feminina e a cuarta masculina na proba 4x50 natación con aletas.
Por último, na categoría xuvenil Zoila Cabarcos puntuaba (11ª) na proba de 200 obstáculos, proba na que Lucía Buceta finalizaba 16ª, María Cancelo 23ª, Xiana Bouzón 24ª, Enma Cancelo 27ª. Na categoría masculina, Roi Paz foi terceiro con marca persoal. Antón Loureiro foi 14ª, Izan Barros 24ª e Iker Castro en 31ª.
Na proba de 50 remolque maniquí Lucía Buceta finalizaba 18ª, Zoila 20ª, Enma 23ª, Xiana 28ª, María 30ª, mentres que na masculina Roi Paz era 8º, Izan e Antón 17 e 18º e Iker 27º. No relevo 4x50 obstáculos xuvenil feminino o Umia conseguía a cuarta posición, un resultado que repetía na categoría masculina.
A vindeira competición para o Umia será a I Xornada da Liga Galega Absoluta de Clubes, que se celebrará a tarde do día 9 de novembro en Carballo. O Umia é o vixente campión nas dúas últimas temporadas desta Liga Galega.