O auditorio municipal de Ribadumia acolle este sábado ás 20 horas a Gala da VI Festa do Deporte. Con Pepo Suevos como presentador, daranse a coñecer os gañadores de entre os 41 finalistas que escolleu o xurado nun total de catorce diferentes categorías.
Os finalistas a “mellor deportistas promesa masculino” son Mateo Betanzos (Umia CF), Daniel Gondar (CD Ribadumia e Yago Piñeiro (Club Ciclista Ribadumia). En categoría feminina as nominadas son Alba Falcón (BTroula) e Ainoa Feijóo (Náutico O Muiño). Na categoría “mellor deportista ribadumiense” optan ao premio en homes Celestino Iglesias Cores (Desguaces Tino Racing) e Pablo Oubiña (Umia CF), mentras que en mulleres están nominadas as xogadoras do Umia CF Iria Ferreiro e Carla Piñeiro, e Alba Vázquez (Náutico O Muiño). Nas categorías mellores deportistas non ribadumienses, pero que pertencen a clubs do Concello, figuran Manuel Fontán e Adrián Sieiro (Náutico O Muiño) e Roberto Pazos (CD Ribadumia) en homes, e Desirée Fernández (CC Ribadumia), María Pérez (Náutico O Muiño), Minerva Riveira (Umia CF) e María Luisa Seijas (CD Ribadumia) en mulleres.
O benxamín A do CD Ribadumia, o infantil A do Umia CF e o absoluto do Náutico O Muiño optan ao premio de mellor equipo masculino. Os nominados ao feminino son O Náutico O Muiño absoluto, o Principiante feminino do Club Ciclista Ribadumia e o filial do Umia feminino. O Náutico O Muiño, o CD Ribadumia e o Umia CF están nominados a mellor clube. Na categoría a mellor adestrador, Moisés Campos (Umia CF), Roberto Pazos (CD Ribadumia) e José Manuel Vázquez Navia (O Muiño) son os elixidos. José Manuel Vázquez Núñez, presidente do Náutico O Muiño, e o ex xogador do Umia José Manuel Vazquez “TXU” figuran no premio ao mérito deportivo.
CREYCÖ, Desguaces Leiro, Galventus Servicios Eólicos, O Tío Benito e Kiwi Atlántico optan ao galardón a mellor patrocinador. Faro de Vigo e o xornalista Fito Gago figuran na categoría aos medios de comunicación. Por último, na categoría “premio ao arraigo ribadumiense” están Ana Abuín (Club Atletismo A Silva), Edgar Barreiro (Club Halterofilia Vigo) e Francisco Javier García Parada (Náutico O Muiño).
Haberá unha dobre mención especial para persoas que promoven os valores e o deporte en Ribadumia.