A VIII Moraña Cup acolle nesta ponte festiva a máis de 400 deportistas

A VIII Moraña Cup acolle nesta ponte festiva a máis de 400 deportistas
As autoridades locales durante a presentación da VIII Moraña Cup | cedida

O Concello de Moraña vai acoller ao longo desta ponte festiva a máis de 400 futbolistas de equipos base no marco da oitava edición da “Moraña Cup”, unha competición consolidada no panorama autonómico e que se celebra cada primavera coa participación dos mellores equipos galegos de canteira.  O evento foi presentado polo alcalde, Sito Gómez, e os concelleiros María José García e Alberto Caldas e directivos do equipo, que son os encargados da organización coa colaboración do Concello de Moraña. 


“Estamos ante un evento de moita tradición, que se vive como unha auténtica festa do deporte e do fútbol base tanto para os participantes como para os asistentes”, sinala o edil. Os partidos desenvolveranse no Campo de Fútbol do Buelo e celebraranse ao longo da xornada de mañá, venres 17, e o sábado 18 e prevese que conten coa asistencia de centos de siareiros. 


As competicións, todas elas na modalidade de Fútbol-8, dividiranse nas modalidades de prebenxamín, benxamín e alevín e contarán coa participación do Lérez, A Seca, Atlético Cuntis, Barro, Caldas, Arcade, Ribadumia, Poio, Cambados, Monteporreiro, Pontevedra, San Martín, Pontearnelas e Moraña.  

A VIII Moraña Cup acolle nesta ponte festiva a máis de 400 deportistas

Te puede interesar