Fernando Pérez | “En Caldas hai un desgoberno en torno a unha figura presidencialista”

Fernando Pérez | “En Caldas hai un desgoberno en torno a unha figura presidencialista”
Fernando Pérez

Fernando Pérez sabe que practicamente só lle vale a maioría, pero preséntase con ganas de liderar o goberno de Caldas.

 

Por que decidiu volver a presentarse?

Pois primeiro porque a xente confiou en min e ademais no partido consideraron que era a persoa adecuada.

 

Como valoraría o seu traballo neste mandato que remata?

Pois fago un balance moi positivo porque o meu equipo fixo as tres cousas que debe facer a oposición: colaborar para avanzar, fiscalizar os labores de goberno e trasladar as inquedanzas da veciñanza.

 

E o do goberno local?

Foi un mandato perdido, non avanzamos nada. O goberno municipal está esgotado e é moi personalista, centralizado na figura do alcalde. Todo pasa por el e iso conleva o que pasou, a división do propio grupo municipal. Un desgoberno sometido a unha figura presidencialista.

 

Os problemas no centro de saúde e no PAC marcaron estes últimos anos. Cre que lle pode pasar factura ao seu partido?

Ese problema existe en toda España. Nós sempre estivemos nese tema ao lado dos intereses dos veciños, apoiando mocións doutros partidos e sen poñernos de perfil.

 

Terá Caldas un centro de saúde novo no próximo mandato?

Dende logo se o 28 contamos co apoio dos caldenses as xestións non van ser tan lentas como con este goberno. Os feitos son claros e, en contra do que di o alcalde, o desenvolvemento urbanístico da parcela aínda se aprobou este ano. Falta segregar a parcela e solucionar accesos e aparcamentos. O alcalde culpa á Xunta, pero o que non fixo os deberes foi el.

 

E as pozas? Ten o PP una idea para elas?

Sempre fomos críticos con ese proxecto. Foi un investimento tirado tendo en conta as deficiencias que hai na vila e no rural en materia de servizos básicos. Temos propostas e poñerémolas en práctica.

 

Cales son as súas propostas para Caldas?

Hai que recuperar o tempo perdido e iniciar un proceso de escoita cos veciños cun goberno serio e rigoroso. Faltan os servizos básicos en moitos lugares do rural que son obrigados, hai que mellorar a limpeza, facer un plan de humanización no casco urbano, recuperar os espazos naturais que están abandonados e conseguir solo industrial  co  polígono de Carracedo e axilizar a Variante Oeste entre outras cousas. 

Fernando Pérez | “En Caldas hai un desgoberno en torno a unha figura presidencialista”

Te puede interesar