Francisco Leiro | “Os veciños teñen que recibir un trato igualitario no centro e nas parroquias”

Francisco Leiro | “Os veciños teñen que recibir un trato igualitario no centro e nas parroquias”
Francisco Leiro

Francisco Leiro (Portonovo, 1977). Enxeñeiro de telecomunicacións, foi número catro nas anteriores eleccións municipais e é concelleiro dende o pasado mes de setembro. Lánzase á primeira liña como candidato á Alcaldía cun firme compromiso coa sociedade e cos servizos públicos.

 

Que poden atopar os veciños en Fran Leiro?

Unha persona con moitos coñecementos, con moito compromiso polos servizos públicos. Eu síntome en débeda coa sociedade, dende fai 15 anos porque son moi consciente de que son enxeñeiro gracias á educación pública que me deu a oportunidade de selo, e tamén porque fai 11 anos que eu enfermei, empeorei, e chegou o momento no que me dixeron que o único que se podía facer era un transplante de fígado moi arriscado para salvarme a vida. E ahí estivo a sociedade outra para vez para min. Os doantes e o sistema sanitario público para salvarme. Dende entón sinto unha grande débeda coa sociedade, e sinto un gran compromiso nada defensa do público. Estou no BNG porque son os que mais fortemente loitan na defensa do público, e para min é un pilar.

 

E como ve o sistema público no concello?

Véxoo bastante desatendido, sobre todo a sanidade está moi abandonada. O centro de Baltar e o de Vilalonga foron os mais abandonados, sen poder atender aos pacientes, incluso en agosto cando a poboación do concello se multiplica... E lonxe de toparnos cun goberno local que reclamara e apoiara a poboación nesta loita, topámonos cun goberno que culpabilizaba ao personal médico e os acusaba de ser uns vagos. Eso paréceme algo vergonzoso, non se pode tolerar.

 

Que balance fai deste mandato del Telmo Martín?

Eso é, o mandato de Telmo Martín, non é o goberno do PP. En Sanxenxo todos temos claro que Telmo manda e os demais fan o que él di. Esa é a principal diferencia conmigo. Levo 20 anos traballando en equipo, sabendo dialogar, sacar traballos adiante, liderando un equipo, non impoñendo as miñas opinións. Eu teño un equipo, él é unha cabeza con subordinados.

 

E sobre o estado da vila?

Outro dos motivos que me levou a decir que si ao BNG é unha preocupación que teño co rumbo que lle vexo ao noso concello. A xentrificación que está sufrindo en moi boa parte debido ao PXOM aprobado polo PP, orientado a crear grandes urbanizacións lonxe das vilas, a precios inasequibles para a nosa xuventude, e en cambio veta que se poidan construir novas vivendas nos núcleos urbanos existentes e que unha familia poda asentarse nunha terra dos seus pais. Non hai traballo nin vivenda fora do periodo estival e no verán a un precio que non son asumibles por unha familia. Queremos cambiar eso e seguir o modelo BNG doutros concellos e asentar poboación.

 

Telmo presume das actuacions que fixo pero son todas de cemento e ladrillo. Eso é un xeito de medir o traballo dunha promotora urbanística, pero non dun Concello 

 

 

Cales son as prioridades que ten Sanxenxo nestes momentos?

A prioridade sempre é a calidade de vida dos veciños. Nos entendemos que a acción política ten que ir sempre iniciada por unha necesidade ou un beneficio claro da poboación, todos os veciños deben recibir un trato igualitario, no centro e nas parroquias. Telmo presume das actuacions que fixo pero son todas de cemento e ladrillo. Eso é un xeito de medir o traballo dunha promotora urbanística, pero medir o traballo dun Concello debería facerse analizando cal é a calidade de vida dos veciños cando chegaches e cando marchaches.

 

Que proxectos destacaría do seu programa?

Dinamizar o comercio, crear un catálogo de comercios e industrias en internet que permita publicitar os seus productos e estar en igualdade de condicións que o comercio online. Queremos crear sendeiros peonís seguros nas parroquias e promocionar os sendeiros seguros para os nenos para ir ao colexio. Para nós a seguridade vial é algo esencial, fomentar o uso da bicicleta, camiñar, e non ter que ir en coche a todas partes.

 

Que será o primeiro que faga se chega ao goberno?

Unha das primeiras cousas que faría sería unha auditoría para coñecer o estado das sentencias e o estado económico do Concello porque non hai transparencia. É especialmente grave porque despois que de teñamos que pagar 16 millóns de euros polas Cunchas, ninguén saíu a pedir disculpas. O que máis nos preocupa é que seguramente non aprenderon nada, e non sei si os veciños aprenderíamos algo, verase no voto. O noso obxectivo é transformar Sanxenxo, queremos levar o noso programa e facelo realidade.

 

Ten algunha liña vermella para un posible pacto de goberno?

Telmo Martín ten unha liña vermella ao redor. Leva seis anos sin dialogar coa oposición e non podes pensar agora que vai a cambiar por necesitar aos teus concelleiros. Telmo Martín non é esa persoa. A política local é dialogar e saber negociar con outras forzas que non pensan igual ca ti. Nós remitímonos ao noso programa, con moitas das propostas estarán de acordo e a outras teremos que renunciar. Pero quitando o caso de Telmo, co resto das forzas estamos abertos a negociar. 

 

Evaristo Varo

O candidato elixe como persoa de referencia a Evaristo Varo, Catedrático de Cirurxía na USC, fundador da UTAB no CHUS e presidente da Sociedade Española de Trasplante Hepático. “As súas mans foron as que me salvaron a vida e tamén os doantes e o sistema público”. “É o presidente da Asociación Batas Blancas que denunciou aos directivos do Sergas polos impedimentos para dar o fármaco para a hepatite C”. “A min salvoume a vida esta sociedade e teño que loitar porque outras persoas teñan a misma oportunidade”.

[... e mañá en O Salnés, entrevista a Ainhoa Fervenza, candidata do PSOE de Sanxenxo ]

 

 

Francisco Leiro | “Os veciños teñen que recibir un trato igualitario no centro e nas parroquias”

Te puede interesar