Gonzalo Bea | “O principal motor do Grove é o mar e as conserveiras e temos que promocionalos”

Gonzalo Bea | “O principal motor do Grove é o mar e as conserveiras e temos que promocionalos”
Gonzalo Bea

Gonzalo Bea Costa (O Grove, 1983), chega á política e preséntase como candidato por primeira vez con Podemos O Grove. Compatibilizará o seu papel no Concello co de responsable da área de Pesca de Podemos Galicia.

 

Por que se decidiu a entrar na política con Podemos?

Levaba moitos anos dándolle voltas. Estiven no 2014 cando naceu Podemos e empezou a funcionar no Grove. Estivemos uns meses parados pero agora volvemos a retomar a candidatura porque vemos que no Grove seguimos coas mismas políticas de sempre e a xente nos transmitía que querían un cambio. Moita xente está a favor de Podemos. Fai falta un partido como Podemos como está no Goberno estatal facendo cousas pola vivenda, emprego, servizos públicos... A O Grove faille falta.

 

Confía nos resultados que poida acadar Podemos na península meca?

Confiar sempre confío. Será o que decida a xente pero o que me transmiten é que fai falta unhas políticas valentes como fai Podemos. Hai que intentalo e cantos máis partidos de esquerda haxa mellor. Puidemos ir xuntas algunhas formacións pero ao final decidimos ir por separado.

 

Non teme que con tantos partidos de esquerda que se presentan se divida o voto?

Foi algo que nos plantexamos. Queríamos ir xuntos con EU como fan en outros concellos pero tras varias reunións con eles non chegamos a acordos. Dixeron que para nacionales e autonómicas si, pero para municipales non.

 

Costoulle a Podemos facer a lista no Grove?

Foi un pouco complicado. A xente quere apoiarnos pero non lle gusta estar na candidatura. Pouco a pouco conseguín facela

 

Como valora a situación actual do Grove?

Antes aínda se podía falar con Cacabelos pero agora que ten a maioría absoluta é moi autoritario, non pregunta aos veciños. O pobo sigue sucio como sempre, estamos sen aparcamentos... Hai moitas carencias que se poden mellorar.

 

Que lle parece a ordenación do trafico que está levando a cabo o PSOE?

Non vexo normal que as rúas principais sexan de sentido único e que manden o tráfico pesado por rúas pequenas nas que non hai nin beirarrúas. Os veciños estanse queixando. Podíase mellorar todo.

 

 

Moita xente está a favor de Podemos. A O Grove faille falta un partido como Podemos como está no Goberno estatal facendo cousas pola vivenda, o emprego...

 

E no eido da Cultura e o Turismo?

Esta todo abandonado. O que son as praias, cada vez hai máis quioscos de praia e está todo sen controlar. As terrazas do pobo tamén tiñan que estar máis reguladas.

 

Que proxectos destacaría do seu programa?

Queremos a ampliación da escola infantil de Rons, melloras de seguridade nas rúas do centro e do rural, accesibilidade e un plan de aparcamentos para os veciños e os de fóra. Necesitamos un centro de día e o novo centro de saúde. E tamén é importante a desafectación dos entornos portuarios para facer melloras no porto do Grove e o de Meloxo con diques de abrigo e pantaláns, porque vivimos do mar e en calquera pobo están mellor as infraestructuras portuarias que aquí. Ademáis queremos poñer en marcha unha escola taller para que non se perdan os oficios de albanel, electricista, carpinteiro, fontaneiro... cada vez hai menos e sería unha boa saída de futuro para O Grove e que a xente non teña que marchar. O principal motor do Grove é o mar e temos que promocionalo, e tamén hai que mirar polas conserveras.

 

Respecto o centro do día e o centro de saúde, como pensa que se pode levar a cabo?

Non é competencia nosa, é da Xunta, pero traballando xuntos e facendo forza pode facerse.

 

Que é o primeiro que vai poñer en marcha se chega ao goberno?

Principalmente recuperar os servizos municipais, a grúa e máis Policía Local de noite porque non hai seguridade no Grove e cada vez hai máis roubos.

 

Ten algunha liña vermella ante posibles pactos de goberno?

Temos bastantes liñas vermellas que pasan por poder implantar esas políticas valentes de Podemos. Apostamos por servicios públicos de xestión directa, non aceptamos que os servizos de limpeza, o Servizo de Axuda no Fogar e as instalacións municipais que estén tan deterioradas como están. Se foran de xestión directa se evitaría que pasaran estas cousas e nos darían máis control, eficiencia e maior calidade.

 

Como valora o traballo da oposición nos últimos anos?

Oposición cero. Ao PP nin se lles ve nin se lles espera. O BNG e EU igual. Son sempre críticas e en vez de votar cousas con consenso, van sempre en contra uns dos outros. Fai falta unha voz como Podemos para facer fronte ao goberno de José Cacabelos.

 

Como pensa que van ser os vindeiros catro anos?

O primeiro é quitarlle a maioría absoluta a Cacabelos. Despois iremos vendo segundo os resultados das eleccións do 28 maio. 

 

 

Pablo Iglesias, “un loitador”

O candidato elixe como persoeiro destacable a Pablo Iglesias, un dos fundadores de Podemos, partido co que chegou a ser vicepresidente segundo do Goberno de España entre 2020 e 2021. “Foi quen me influenciou para entrar na política. Dende o 2014 que naceu Podemos, gustoume moito a súa maneira de facer política”. “Con él ao fronte fóronse conseguindo moitas cousas, e para min é un loitador”. “Agora mesmo está gobernando o seu partido co PSOE, e levando adiante leis importantes para todos”.

 

[... e mañá en O Salnés, entrevista a David Torres, candidato do BNG do Grove]

Gonzalo Bea | “O principal motor do Grove é o mar e as conserveiras e temos que promocionalos”

Te puede interesar