José Antonio Otero | “Se Cacabelos precisa un goberno de coalición non o vamos a apoiar”

José Antonio Otero | “Se Cacabelos precisa un goberno de coalición non o vamos a apoiar”
José Antonio Otero

José Antonio Otero (O Grove, 1980) presentarase, por segunda vez, como candidato de Esquerda Unida ás vindeiras eleccións municipais despois de máis de dúas décadas vinculado á formación.

 

Con que bazas se presenta Esquerda Unida ás vindeiras eleccións?

Co traballo realizado nos últimos oito anos, e sobre todo coas ganas de cambiar as cousas. Foron catro anos nos que fixemos unha oposición bastante boa coa pouca información que se nos traslada dende o goberno, pero creo que fumos os únicos que fixemos oposición. Estamos en disposición de poder gobernar, sabemos facer ese papel e queremos dar xa o salto ao goberno. Sobre todo despois destes catro anos nos que faltou participación e diálogo co pobo. Cremos que podemos facer un cambio e dar máis participación á veciñanza que é a nosa baza. Participación e transparencia sempre.

 

Cal é o modelo de vila que defende Esquerda Unida para O Grove?

Un modelo no que os veciños poidan tomar decisións, que funcionen os servizos públicos e municipais, o turismo e na que se poida traballar e na que se poida vivir. O noso programa vai sobre un concello para vivir, un concello para crecer e un concello para disfrutar. Que non haxa que marchar de O Grove para vivir. Agora mesmo atopar vivenda resulta complicado porque estase chegando a un modelo de piso turístico con prezos moi altos. Falta de médicos, de seguridade por non ter Policía local de noite, falta de plazas na escola infantil... Hai que mellorar os sevizos para a xente.

 

O PXOM segue sen estar aprobado, que cre que fallou esta vez?

Nós xa alertábamos de que non se fixeran ben os trámites, entendo que a Xunta poida poñer algunha traba pero creo que o Concello non fixo o suficiente para evitalo. O alcalde dí que está en mans da Xunta pero en realidade estamos en mans dos plazos. Restrasouse tanto que él mesmo chegou tarde ao proceso.

 

Sempre critican o “mandato autoritario” de Cacabelos e a falla de transparencia e acordos. Non houbo moito contacto coa oposición?

Ningún. Sancando as ordenanzas de mercados e terrazas, que traballamos un pouco en conxunto, nestes catro anos, cero. O goberno non da información e non busca o consenso. Ten maioría pero eu creo que cantos máis apoios mellor. Debería coller aportacións do que facemos. É complicado traballar con Cacabelos, vai tan acelerado nas cousas que moitas veces nos enteramos no momento no que se van a facer. Agora ven con proxectos de campaña porque ten clara a súa derrota en canto a manter maioría. Está nervioso e nos últimos meses víase na súa forma de responder nos Plenos, con esa prepotencia ronzando a burla, e xa facía máis mitin.

 

Plantéxase posibles pactos de goberno?

O noso obxectivo sempre é ir a gañar. As urnas empezan valeiras. Eu non me planteo os pactos, o meu plantexamento ata o 28 de maio á medianoite é gañar, e a partir de ahí despois tomaremos as decisións do que se faga. Se Cacabelos precisa un goberno de coalición non o vamos a apoiar porque creo que non se pode gobernar con él, pero tampouco co PP. Outra cousa é si van a gobernar eles con nós. Nós non somos os que temos que ir petar ás portas a non ser que gañemos as eleccións, e eu conto con ter que ir o día 29 a chamar ao resto, pero todo se verá.

 

Que sensaciós lle trasladan os veciños?

Os votantes do PSOE están defraudados coa maioría de Cacabelos. Hai un descontento xeral co traballo realizado polo PSOE, e sobre todo polas formas, a prepotencia e o carácter do alcalde, diferente ao dos catro anos anteriores no que había máis diálogo.

 

Cal sería a primeira medida que tomaría Esquerda Unida se chega á Alcaldía?

O primeiro sería mirar como están as contas realmente porque non me creo moito o que Cacabelos anuncia, e poñer a disposición da veciñanza onde se gastaron os cartos para que a xente sepa, porque creo que se fixo moito gasto absurdo. Despois temos que traballar para a recuperación dos servizos externalizados e poñer en funcionamento os servicios básicos municipais, como o de limpeza municipal, o SAF, o das pistas de pádel e limpezas de xardíns. Ademáis sempre quixemos a creación dunha empresa pública de servizos que sería a solución á falta de traballadores municipais e acabar a RPT. É moi fácil anunciar cousas. O centro de día é esencial e temos que traballar para que se faga, pero tamén creemos viable a creación de vivenda pública, e estamos vendo a construcción dun novo pabellón para o colexio de Conmeniño e os veciños, porque o actual fai augas. Pero realmente creemos que non é o momento de anunciar, o que si podemos prometer é que vamos a intentar o mantemento e arranxo das instalacións actuais e dotalas de persoal, porque é o básico. 

 

 

Julio Anguita, “unha persoa íntegra”

O candidato elixe como persoeiro destacable a Julio Anguita, coordinador xeral de Izquierda Unida “un referente para mín”. Os seus discursos están de actualidade hoxe en día, e a súa base é aplicar o programa. Gústame a súa forma de pensar e actuar” “Nunca tivo interese persoal na política e o demostrou renunciando á súa pensión vitalicia como ex parlamentario. Eu non estou aquí para beneficiarme, o que quero é axudar. Esa é a miña premisa. Vou intentar facer todo o posible para axudarte”.

 

[... e mañá en O Salnés, entrevista a Pablo Leiva, candidato do PP do Grove]

José Antonio Otero | “Se Cacabelos precisa un goberno de coalición non o vamos a apoiar”

Te puede interesar