Jose Cacabelos | “O centro de día sona moi electoral pero ningún partido o vai facer”

Jose Cacabelos | “O centro de día sona moi electoral pero ningún partido o vai facer”
Jose Cacabelos candidato del PSOE de O Grove | Mónica Ferreirós

O candidato socialista, Jose Cacabelos, (O Grove, 1970) preséntase ás vindeiras eleccións co obxectivo de revalidar á Alcaldía e a maioría absoluta. Despois de tres mandatos, a súa ilusión mantense intacta.

 

Como se enfronta a estas eleccións?

Afrontamos as eleccións cunha bagaxe que espero que os veciños e as veciñas recoñezan, confíen e apoien, porque levamos oito anos de goberno no Grove coa demostración do traballo feito. Imos a ofrecelles realidades. Estas eleccións municipais o que intentaremos é renovar unha confianza que nos permita maioritariamente ter a capacidade de gobernar e seguir transformando O Grove.

 

Cal é o balance que fai tras oito anos ao fronte do goberno?

Realidades, accións, capacidade de xestión sen olvidarnos dos detalles do día a día de atención aos barrios, que son importantísimos. No Grove, despois de todas as vicisitudes políticas, por primeira vez na historia un partido político acada unha maioría absoluta que permite facer todo esto: Auditorio, Colexio das Monxas, local social de Reboredo, desdobre de Beiramar, Alexandre Bóveda... Os gobernos que non son de maioría avanzan máis lentamente e é máis difícil sacar as cousas adiante. Nós sempre temos un obxectivo claro, transformar a vila para mellorar a vida das persoas. Fixemos proxectos transformadores, incorporación de equipamento e patrimonio como nunca houbo, e todo gracias ao equipo que nos presentamos a estas eleccións, e tendo en conta que acabamos de atravesar unha pandemia que paralizou todo, e o Concello foi exemplar na súa xestión. Nós imos co resplado do traballo feito. Non estou vendendo promesas, estamos ofrecendo os feitos.

 

O Grove xa ten o Auditorio, o Colexio das Monxas, e traballa para facerse coa Torre de Escuredo...

Fixemos os trámites para a expropiación, que era o que quería a familia no seu día, é levámolo a Pleno co convencemento de que estamos cumplindo o que se nos estaba reclamando durante anos, e cando plantexas unha realidade no Pleno, a oposición, BNG e EU votan en contra. Unha vez máis é a demostración de que nunca fan nada en apoio aos veciños e minten á cidadanía porque cando chega o momento de apoiar, votan en contra. De EU e BNG non me sorprende nada, falan sempre a contracorrente do que fai o goberno local. Si realmente queremos que a Torre de Escuredo pase a formar parte do patrimonio municipal, a única via legal é a que estamos poñendo en marcha nós.

 

En máis dunha ocasión criticou a falta de apoio da Xunta e dos partidos da oposición municipal...

Da oposición non me espero nada porque cando tiven que negociar coa oposición actual, nunca nada conseguín con eles. Me acusan de dictador e caciquil da maioría, pero eu cando nos sentamos a negociar, no mandato anterior cheguei a tres acordos co BNG para votar a favor, e cando chegamos ao Pleno, as tres veces votaron en contra. Como te podes fiar dun grupo que che di que si, e vota en contra do que pactaramos?

 

O PXOM apróbase este ano despois do 28 de maio, así de simple e de triste. A non ser, que si non temos maioría, EU, PP e BNG, que votaron en contra, teñan un acordo para cambialo

 

 

Algúns partidos da oposición están anunciando a construcción dun centro de día, cales son os plans do PSOE?

O centro de día para que? Actualmente temos a oferta de Servizos Sociais no Grove máis amplia da historia e cubrimos todo. O centro de día sona moito electoralmente pero non vai ser unha realidade porque ningún partido o vai facer. Están enganando á cidadanía. Agora hai un centro de día, privado sí, pero vamos a colaborar dende O Concello para que se podan solicitar axudas da Xunta a través dos nosos Servizos Sociais.

 

E onde queda o PXOM? Confía na súa aprobación definitiva durante este ano?

O PXOM apróbase este ano despois do 28 de maio, así de simple e de triste. A non ser, que cada vez teño máis sospeitas, que si non temos maioría o PSOE, EU, PP e BNG que votaron en contra, realmente teñan un acordo para cambiar o PXOM. Porque aquí as sospeitas sobre o PXOM do Grove, todas. Nós seguiremos traballando, pero o PXOM xa está aprobado a nivel municipal gracias á maioría absoluta.

 

Que proxectos quedan pendentes para O Grove e que lle gustaría levar a cabo?

A obra fundamental é a conexión entre o Monte da Vila e Xoán XXIII, é un vial que xa estamos traballando nel e se nos vai a máis de tres millóns de euros de execución. Outra cuestión é o convenio para transformar Luis A. Mestre porque as competencias da Xunta siguen en deberes, e tamén estamos traballando coa Diputación para facer as sendas entre Balea e San Vicente. En canto a idea de vila, é fundamental buscar bolsas de aparcamento, e no día a día seguiremos mellorando a área de Servizos Sociais que é a que máis vai crecer, e traballando no ámbito da cultura e do turismo para comenzar a poñer en marcha o plan de sostenibilidade turística, con obras que van a ir mellorando todavía máis a oferta turística do Concello de O Grove. 

 

Pepe Cacabelos, “un gran político e mellor pai”

O candidato elixe como o seu referente a Pepe Cacabelos, líder socialista e candidato á Alcaldía do Grove no 2003. En primeiro lugar destaca emocionado a súa figura como seu pai, “unha persoa que se caracterizaba por ser íntegra, transparente e desprendida”. E na súa vertente política, “foi o mellor político que coñecín”. “Era un utópico, e iso encantábame. Pensaba na política como unha ferramenta básica coa que transformar unha vila para mellorar a vida dos veciños, como se fora unha continuidade dos nosos fogares. Políticas sociais, iso foi o que eu aprendín del”.

 

 

Jose Cacabelos | “O centro de día sona moi electoral pero ningún partido o vai facer”

Te puede interesar