O Goberno central amplía a conexión 5G nun total de 181 concellos do rural galego

O Goberno central amplía a conexión 5G nun total de 181 concellos do rural galego
Unha moza consulta o seu móvil nun parque | Aec

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, avanzou en Toques que o Executivo central destinará 23 millóns de euros para mellorar a conexión á rede 5G en 181 concellos do rural galego.


Este investimento correspóndese á segunda adxudicación do Programa Unico 5G Redes Activas, do Ministerio para a Transición Dixital, que o delegado avanzou en Toques, como un dos municipios que se benefician desta última convocatoria.


Pedro Blanco destacou o beneficio que esta segunda fase do programa representa para máis de 35.000 galegos que viven nun total de 181 concellos, todos eles de menos de 10.000 habitantes.

 

 Neles levarán a cabo 391 actuacións de mellora nas infraestruturas da rede para adaptalas ás comunicacións 5G, ou ben instalacións novas no caso de ser necesario.

 

Achegar oportunidades


Pedro Blanco destacou que o Goberno central, mediante programas como este, aposta por un rural “vivo e con futuro”, no que “quen é de aquí poida vivir aquí, achegando oportunidades e permitindo aos veciños mirar cara ao futuro”, destacou.


Desde 2019, explicou o delegado, o Goberno leva investidos 275 millóns de euros na dixitalización de Galicia.

 

 Esta liña de axudas está destinada totalmente a concellos de menos de 10.000 habitantes, para dotar ao rural das infraestruturas fundamentais para a vida cotiá. Por provincias, A Coruña recibirá 9,3 millóns de euros para 98 proxectos, repartidos en 51 municipios; Lugo, 5,7 millóns para 122, repartidos en 50 municipios; Ourense, 4,7 millóns para 75 proxectos, repartidos en 52 municipios, e Pontevedra, 3,3 millóns de euros para 96, repartidos en 28 municipios. 

O Goberno central amplía a conexión 5G nun total de 181 concellos do rural galego

Te puede interesar