Julián Bustelo | “Os visitantes se sinten como se foran de Rianxo de sempre ao facerlles partícipes”

Julián Bustelo | “Os visitantes se sinten como se foran de Rianxo de sempre ao facerlles partícipes”
Julián Bustelo vivirá as súas primeiras Festas da Gualupe como alcalde de Rianxo

Tralas eleccións municipais, Julián Bustelo resultou elixido alcalde de Rianxoe as deste ano serán as súas primeiras Festas da Guadalupe nesa responsabilidade.

 

¿Como vivirá estas celebracións? 
Dentro do posible, espero que non cambie o feito de vivilas cos amigos como o fixen ate agora, cos sentimentos de ilusión e emoción que teñen todos os rianxeiros, pois son actos que trascenden da diversión. Nestes días paralízanse moitas actividades como a municipal, e se modifican os horarios do Concello, pois os actos son ao lado. Desde que levo no cargo comprobei que aínda que haxa xente que non coñece Rianxo sóanlle as Festas da Guadalupe.

 

¿Que destaca do cartel das festas? 
Trátase dunha programación ampla, intensa e diversa para todas as idades e públicos, e resulta moi complicado quedarse só con algun dos moitos e bos eventos que hai ao longo de cada xornada. Espero que a boa meteoroloxía nos acompañe para disfrutar de todos os actos, pois é a nosa Semana Grande na que a xente está na rúa.

 

¿Como valora o traballo da nova comisión de festas da Guadalupe? 
Está a facer algo moi importante que é a continuidade da festa. O que vamos disfrutar é resultado dun intenso traballo altruista, que é motivo de orgullo e recoñecemento. Está a potenciar cuestións nucleares como o xoves de feirón, con ese recordo dos antepasados vencellados ao mar, e a Verbena Sinfónica coa Banda de Música de Rianxo como se dunha orquestra se tratase e cos seus integrantes amosando a súa capacidade, e que dicir da cerimonia das bengalas e A Rianxeira, que pon os pelos de punta. A comisión ten un traballo desgradecido, pois se as cousas saen ben o éxito é de todos pero se algo sae mal é obxecto das críticas.

 

¿Veciños e visitantes viven as feitas de igual xeito nestes días? 
Boa parte dos rianxeiros reservan con tempo os seus días de vacacións para facelos coincidir co estas festas para non perderse estas celebracións. E os visitantes se sinten como se foran de Rianxo de sempre e iso é ao facerlles partícipes e se sinten ben acollidos.

 

Sempre hai expectación coas orquestras que veñen ¿Que opina?
Sempre hai o ruxe ruxe de que orquestras virán actuar ás verbenas da Guadalupe. Son un atractivo importante. Non quero que se me entenda mal, pero son un elemento máis das festas, son fundamentais independentemente de cales sexan as que veñen.

Julián Bustelo | “Os visitantes se sinten como se foran de Rianxo de sempre ao facerlles partícipes”

Te puede interesar