A adega Condes de Albarei reciclou o ano pasado máis de 900 toneladas de residuos como parte do seu compromiso medioambiental, porque a firma “o ten claro: para poder elaborar viños de calidade excepcional precísase unha boa uva que só se consegue se o medio está coidado”.
A cooperativa cambadesa deu conta deste dato coincidindo co Día Mundial da Reciclaxe e porque o futuro “pasa por coidar e protexer o noso entorno. É este, precisamente, un dos piares fundamentais da adega Condes de Albarei, desde onde se promove e potencia unha práctica da actividade vitivinícola o máis respectuosa posible col medio ambiente”, engadiron. De feito, afirmou que ano tras ano reforza este compromiso. Máis detalladamente explicou que durante o ano pasado contribúiu á reciclaxe de 845.000 quilos de vidrio, case 52.000 de cartón, 6.410 de cortiza e 1.590 kilos de aluminio. Ademáis, Condes de Albarei “ten desarrollado unha forte aposta pola que case o 100 % da enerxía que emprega provén de fontes renovables”.
Esta aposta pola reciclaxe súmase a outras iniciativas como son Viñas Atlánticas e máis un proxecto de Ecovidrio. Asimesmo destacan “o importante traballo dos viticultores e do equipo técnico para a redución de tratamentos fitosanitarios nos viñedos da adega” porque “desde Condes de Albarei o teñen claro: para poder elaborar viños de calidade excepcional precísase unha boa uva que só se consegue se o medio está coidado”, engadiron os seus responsables.