O Grove acolle un concerto de A Banda da Loba polo Día de Galicia

O Grove acolle un concerto de A Banda da Loba polo Día de Galicia
A Banda da Loba no festival Revenidas | Mónica Ferreirós

A Praza do Corgo acolle mañá, ás 21:30 horas, polo Día de Galicia, un concerto de A Banda da Loba no marco do programa provincial Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia. A Banda da Loba, formada por cinco mulleres (Andrea, Estela, Inés, Marcela e Xiana), é unha das formacións máis consolidadas do panorama musical galego actual.

O Grove acolle un concerto de A Banda da Loba polo Día de Galicia

Te puede interesar