Presentan en Meaño un sistema de protección a menores en actividades estivais

Presentan en Meaño un sistema de protección a menores en actividades estivais
Un momento da presentación desta mañá | cedida

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, e o alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, presentaron hoxe nesta localidade o programa TeAutorizo, unha “garantía adicional” para a “protección dos menores nas actividades estivais”.


Segundo detallaron, trátase dunha aplicación web que permite ás empresas, clubs e asociacións a obtención, de inmediato, de certificados dos seus empregados sobre ausencia de antecedentes por delitos sexuais e por trata de seres humanos.


Losada e Viéitez estiveron acompañados da empresa “La Fiestería”, que presta os campamentos de verán Ludoconcilia para o Concello de Meaño, e subliñaron a importancia de que as empresas, asociacións ou clubs deportivos utilicen esta nova ferramenta como esta “garantía adicional”. 


Nesta iniciativa do Concello de Meaño están a participar 75 nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade. As responsables da empresa valoraron como un avance subliñable a creación desta aplicación web, que nace da colaboración conxunta de dous ministerios, o de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes e o de Transformación Dixital e da Función Pública para axilizar. 


A medida, explicou Losada, é froito da reforma do Real Decreto 1110/2015 que regula o Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e Trata de Seres Humanos.


Todas as persoas insteresadas neste novo sistema poden atopar más información sobre esta iniciativa nesta web.

Presentan en Meaño un sistema de protección a menores en actividades estivais

Te puede interesar