Veciños de Meaño descubriu esta semana rotos os soportes dos seus carteis electorais en Simes.
“Tras unha noite sen vento nin chuvia, é difícil pensar noutra cousa que non sexa o vandalismo”, consideran.
“Rexeitamos todo tipo de violencia e apelamos a un comportamento cívico”. “Pedimos unha campaña respectuosa”.