Pódense evitar os incendios

Levamos máis de 40 anos sen mellorar o sistema contra os incendios. Resignados a sufrir repetindo os mesmos erros podendo evitalos sen gastar máis. De momento este ano aínda non se produciron grandes lumes, pero de seguro que os haberá nos próximos meses cos mesmos resultados de anos anteriores. En Galicia sempre haberá incendios mentres siga este modelo. Galicia é alternativa verde desexada para o desenrolo rural, turística de descanso. Temos un clima benigno, e no verán podemos disfrutar de moitas e variadas praias; pero non debemos empeñarnos en competir onde o sol está garantizado. A xente de países carentes de sol veñen a cargar as baterías ás zonas máis soleadas de España, pero as zonas quentes buscan en Galicia fresco e beleza paisaxística, gastronomía, patrimonio histórico e recónditos sen par, con moito verde que chama a atención dos visitantes, ademais de centos de ríos e chuvia, según os últimos estudios, teñen un efecto sicológico relaxante nas persoas. Por iso deberiamos coidar, promocionar e vender ao mundo as nosas virtudes naturais, patrimoniais eculturais. Temos mámoas, petroglifos, hórreos, cruceiros, muiños, calzadas e pontes romanas, pazos catedrais e grandes igrexas, deportes náuticos nas nosas marabillosas rías con rutas turísticas e unha abundante gastronomía que nos honra.

Convén facer un xiro de 180 grados para coidar a paixase. Estamos na rutina, no que se refere aos incendios veraniegos, como os vertidos contaminantes ao mar, ríos e paisaxes, non obstante estanse gastando unha millonada en fondos públicos para apagar incendios, en vez de previr. Así seguirá mentres non se faga un plan forestal serio para evitar intencionados ou non, incendios que perxudican a economía en todos os sectores sociais e o interés xeral.

Hai remedio, eliminando a maleza debaixo das árbores e os cortalumes para que non prenda, prantando árbores en fila para pasar as máquinas por medio limpando, unha ou dúas veces, logo xa non crece a maleza debaixo das árbores. Mentres non se faga iso teremos o mesmo pesadela de incendios.

Todos os gobernos galegos fixeron leis imposibles de cumprir, obrigando a limpiar as fincas privadas de xente carente de recursos cando a administración non é quen de limpar os montes públicos. Hai outra Lei da Xunta que prohíbe deixar tiradas as polas, ou cortalas sen permiso.

É urxente un plan forestal, subvencións a prantas de biomasa para recoller todos os residuos forestais. Sería máis eficaz gastando os actuais fondos públicos na parafernalia actual que non dá resultado, como estamos comprobando.

Hai anos que Galicia e Portugal tiñan un proxecto de Biomasa financiado con Fondo Europeo de Desarrollo Regional ( FEDER) do que non se sabe nada. Non pase como coas depuradoras financiadas pola UE, con grandes inversións para evitar que os residuos urbáns foran ao mar e ríos, sendo abandonadas por falta de mantemento.


Pódense evitar os incendios

Te puede interesar