O BNG critica o estado do Servizo de Normalización Lingüística de Vilagarcía e aposta pola activación do Consello da Cultura. Ambos aspectos foron abordados na reunión coa Mesa das Verbas. Para os nacionalistas, a situación actual é a "antítese" da campaña "É túa, pásaa", de Alingua, entidade da que forma parte Vilagarcía.
O BNG destaca o "dinamismo cultural de base, impulsado por unha manchea de asociacións", pero considera que debe impulsarse dotándoas dun sistema de participación directa nas políticas culturais, así como dun punto de encontro e de espazos onde poidan establecer a súa sede social, con ferramentas como conexión a internet e equipamentos.
O candidato da formación, Xabier Rodríguez, e outros membros da lista, reuníronse coa Mesa das Verbas para trasladar a súa aposta por unha cultura "inclusiva, accesible e colaborativa, enraizada na historia e na identidade local".