Fillos de Revenidas, un pai que chega aos vinte anos

Fillos de Revenidas, un pai que chega aos vinte anos
A edición de 2013 estivo adicada á loita das traballadoras de Cuca

Eran un grupo de amigos e moitos tiñan, precisamente, os anos que hoxe suma Revenidas. Formaban parte da comisión de festas do Carme e, precisamente naquel primeiro ano, non houbo a sardiñada que lle daría nome. 
 

A tradición marcaba verbena o domingo e o luns e os mozos apostaron por darlle ao sábado un sabor a sardiña. Participaron naquel embrión Nova Galega de Danza, Alberto Mbundi e a Turma ou Leandro Lamas, entre outros.
 

Aquelo gustou, tivo unha boa acollida e o seguinte verán xa estaba na mente de todos. Foi no 2004 cando Revenidas tomou forma, coa sardiña no cartel e nos bandullos. Das brasas encargouse unha veciña, experta na volta e volta do peixe máis famoso de Vilaxoán. Hoxe, son decenas de persoas as que enchen as mesas de Dona Concha e ata veñen prestixiosos cociñeiros a darlle outra volta ás revenidas.
 

Pero antes de chegar a esta páxina do libro, todavía quedan moitas. “Non tiñamos nin idea”, recorda Xoán Quintáns, un daqueles mozos que comezou con Revenidas xunto a outros nomes, como Xoán Mariño, e o único que segue. Precisamente aquela segunda edición marcou un antes e un despois. Certas diferencias separaron o evento do Carme e, xa en 2005, naceu A Repichoca, a asociación que daría as alas definitivas ás sardiñas.

 

Cambios e esencias

Son moitos os cambios que se produciron desde aquel primeiro Revenidas, cun grupo de chavales xestionando unhas barras das que tamén daban parte, ata a profesionalización de hoxe en día, con cerca de trescentos traballadores arredor dun evento que move masas. Pero tamén moitas cousas que seguen intactas. Como a cuestión identitaria dun festival que, xa desde os inicios, marcou más dunha mensaxe. A cultura galega como bandeira, por Vilaxoán pasaron moitos dos grupos que hoxe non faltan en ningún festival. Tamén foi fogar e plataforma dos da casa, con Vado Permanente e Cornelius naquelas primeiras edicións pasando por TNT ou a Duendeneta. E, sobre todo, os que nunca faltan, xunto a Quintáns, Os Terribles de Arousa. 
 

Carteles
Carteis de Revenidas por orde cronolóxico

O circo é tamén un dos ingredientes básicos de Revenidas desde os seus inicios. Vilaxoán foi pioneiro á hora de facer do clown un sinónimo de festa e hoxe forma xa parte indispensable da axenda do domingo. Porque é outra das cousas que cambiou: O día da sardiñada. En realidade, as datas foron variando co crecemento propio do festival, que hoxe xa está consolidado sendo o que maior puntuación obtén nas axudas de Agadic, polo que da asociación mudou, xa hai tempo, nunha empresa. O evento desvinculouse definitivamente do Carme.
 

“Era imposible deixalo todo limpo para a procesión”, recorda Quintáns. Nunha ocasión, o paso da virxe disuadiu a un grupo de tocar. Logo, Revenidas pasou a agosto, pero a coincidencia de eventos era abante. Así foi o camiño ata o setembro actual, coas apps do tempo sempre activas no móbil de Quintáns. Hoxe en día son cerca de trescentas as persoas que fan posible Revenidas. Pero o festival segue a ser unha gran familia. Houbo momentos complicados, como o covid ou o propio paso do tempo. “Cando a nosa xeración comezou a ter fillos foi moi difícil”. Pero se de algo sabe Revenidas é de reiventarse. A axenda do día comezou a encherse e as familias tomaron Vilaxoán. “Eu sigo porque me gusta, un negocio non é”, recoñece Quintáns. Por dar, ata ten dado pérdidas. Pero só no económico. Ver ás Revenidas como resposta de concursos da tele, en camisetas polo mundo adiante ou terse convertido en epíteto de Vilaxoán son algunhas das ganancias. Tamén ter sido o París dalgunhas historias. Como a de Manuel, camareiro dunha edición da que sairía namorado. Hoxe, son pais. Son os fillos de Revenidas..

Fillos de Revenidas, un pai que chega aos vinte anos

Te puede interesar