A comunidade educativa do instituto de Carril volveu saír onte á rúa para reclamar a instauración da xornada continuada para o vindeiro curso académico, que arranca en setembro. Alumnado, pais e nais, profesorado y representantes de grupos políticos acudieron á concentración convocada ás portas do centro educativo para esixir á Consellería de Educación da Xunta de Galicia que se teñan en conta os acordos adoptados e que se execute xa a xornada continuada.
Lembra a voceira dos pais, Ana Romero, que foi en novembro do ano pasado cando dende a Xunta de Galicia se deu o visto bo para que o instituto carrilexo contase con xornada continua como xa existen noutros centros como o Castro Alobre, en Vilagarcía. “Presentouse toda a documentación requerida por parte do claustro e foi no mes de maio cando dixeron que non”, incide Romero. Foi entón cando os pais e a comunidade educativa se volveron mobilizar levando este asunto ao Pleno da Corporación, donde conseguiron o apoio unánime de todas as formacións políticas. Pese a iso “a día de hoxe non se fixo nada. Non temos comunicación de nada, e o profesorado e a dirección do centro ten que saber a día 1 de setembro se se vai optar por esa xornada ou non. Estamos xa a contrarreloxo porque o mes de agosto é practicamente inhábil”.
De feito –e así o lembran os promotores da protesta– de poñerse en marcha esta xornada tamén habería cambios nos horarios do transporte escolar, daí que pidan que se negocie con tempo esta cuestión.
O certo é que dende o instituto de Carril levan tempo reclamando a instauración da xornada continua no centro ao entender que facilita moitísimo máis a conciliación e –a maiores– que ocasiona menos transtorno sobre todo ao alumnado que ás clases no transporte e apenas ten tempo para comer, ao ter que asistir de tarde ás clases.
Entenden todos os membros da comunidade educativa que o idóneo é ter a xornada continua ao igual que se foi impoñendo noutros institutos do municipio cunha gran aceptación.
No mes de maio a Consellería de Educación alegaba a decisión de non outorgar a xornada continua apuntando a que a vía “insuficiente para os currículos”.
A administración autonómica apuntou que “no caso do IES de Carril ten xornada de mañá todos os días, agás os martes, nos que tamén ten xornada lectiva entre as 16:30 e as 18:10 horas da tarde”. Incidían nese momento dende a Xunta que é un calendario adecuado para que se poida levar a cabo a esixencia curricular.
Iso si, defenderon que se fixeran axustes no transporte escolar para evitar trastorno ao alumnado.
A opinión da Xunta non é compartida nin pola comunidade educativa do IES nin tampouco polos grupos polítios da Corporación.