O IES O Carril experimentará unha reforma integral da rede de telecomunicacións. A Consellería de Educación licita a actuación por un total de 114.955,67 euros e cun prazo de execución de dous meses polo que, de ir todo en tempo, estaría lista pouco despois das vacacións de verán.
A administración autonómica explica na memoria do proxecto que a rede de datos do centro, despois de anos de uso, quedou obsoleta e non é suficiente para o funcionamento normal do mesmo, polo que se fai necesaria a reforma integral.
Para elo, optan por realizar nuha instalación nova, que conleva a adecuación de dúas estancias do centro. Unha é un almacén no primeiro andar do edificio principal e a outra parte do vestiario de árbitros do pavillón grande anexo, para instalar dous recintos de comunicacións de dimensións adecuadas.
O primeiro recinto dará servizo ao edificio principal e o segundo aos dous pavillóns anexos. No almacén está instalado, actualmente, un armario de rede. O segundo recinto, explican no proxecto, é necesario debido á grande distancia existente entre as tomas mái s afastadas do pavillón pequeno, onde hai unha aula docente, ata o recinto principal, que excede dos cen metros.
Farase tabicando parte do vestiario de árbitros do pavillón grande anexo. Desde estes recintos, levaranse os cables de rede ás distintas aulas e despachos, utilizando os falsos teitos do edificio onde nos haxa, instalando canles plásticas en superficie. Ademáis, apreoveitarse en xeral a instalación eléctrica existente e instalaranse novas liñas desde os cadros existentes aos novos postos e se instalarán unha serie de puntos de acceso wifi para dar cobertura completa ao edificio educativo. O prazo para presentar ofertas finaliza o venres.