Podemos reivindica o seu traballo como "única opción" para unha vila "con xeito" que escoite á cidadanía

Podemos reivindica o seu traballo como "única opción" para unha vila "con xeito" que escoite á cidadanía
María de la O Fernández e o resto da equipa no inicio do mitin I MÓNICA FERREIRÓS

Podemos reivindicou o seu traballo, o feito e o que queda por facer, nun mitin que acabou en festa e no que a formación que encabeza María de la O Fernández reivindicou a súa labor na oposición, durante este mandato que está a piques de rematar, fronte aos que “dicían que non se podía facer nada con maiorías absolutas, fronte aos que non foron ao Pleno durante un ano”.

 

A candidata, que estivo respaldada polo deputado Antón Gómez- Reino, incidiu na súa intención de construir unha vila “como a que quero como veciña” algo que, dixo, “non se fixo nunca”.
 

Fernández, que reivindicou o seu  Cornazo natal, destacou que a parroquia é actualmente  “a selva amazónica”, ao igual que, dixo, moitos rincóns que non se atopan no centro da cidade. Unha mensaxe na que incidiu Verónica Hermida, número dous da formación, que destacou as dificultades de transporte para os que viven en zonas como Bamio. Fomentar o deporte base, un plan de emprego o un parque de vivenda pública son algúns dos eixos sobre os que xira un programa co que Podemos quere que Vilagarcía non sexa “unha vila para vir a durmir”, sinalou a alcaldable, María de la O Fernández. Outras propostas van no ámbito sociosanitario, como crear un centro de día ou aumentar o departamento de servizos sociais. “No puede ser que nueve trabajadores atiendan a una población de más de 30.000 habitantes”, dixo Marisol Gómez, número 4, que deu conta precisamente do traballo realizado por Podemos durante estos catro anos. 

 

“Fueron los únicos que nos hicieron caso”, asegurou Gómez, que mostrouse  “orgullosa” de participar no proxecto e que chamou aos votantes a pasar “de la queja a la acción”.
 

Coidado do patrimonio

Verónica Hermida recordou á sú avoa, que gañou un concurso de charlestón no Balneario, edificio que para a número dous de Podemos é símbolo da “nostalxia” dunha Vilagarcía na que houbo “alcaldes que se empeñaron en que a historia comezaba con eles”. Símbolo tamén, dixo, da falta de interese polo patrimonio, con exemplos como os lavadoiros ou os pazos e reivindicou a apertura para visitas de Vista Alegre. Fixo tamén alusión á situación do Mufevi. “Que pasa nesta vila que os museos se pechan?”, preguntouse Hermida. Fernández González tamén destacou a proposta da formación para musealizar os petróglifos de Xiabre.

 

Podemos reivindica una vila máis verde, pero do que se planta e non do que se “pinta” e “mal”, dixo Pedro Falcón, número 3 da formación, que anunciou a creación dunha rede de espazos culturais, coa biblioteca actual como epicentro. Gómez Reino, pola súa parte, advertiu de que sen Podemos non haberá goberno progresista e destacou o importante papel no sistema das mulleres migrantes como Marisol Gómez, que se declarou farta de “padecer” a historia. “Ahora quiero construirla”, aseguró

Podemos reivindica o seu traballo como "única opción" para unha vila "con xeito" que escoite á cidadanía

Te puede interesar