Cambados honra ás Letras Galegas cunha ofrenda e o Premio Ramón Cabanillas

Cambados honra ás Letras Galegas cunha ofrenda e o Premio Ramón Cabanillas
Diario de Arousa-2014-05-17-011-06b17e52

A vila de Cambados celebrou onte os actos centrais con motivo do Día das Letras Galegas, que incluiron a tradicional ofrenda floral na Calzada e a gala de entrega do Premio Ramón Cabanillas que conceden os libreiros do municipio. 
Os actos comenzaron cara o mediodía no Paseo da Calzada.  A primeira cita foi a acostumada ofrenda floral, na honra de Ramón Cabanillas e este ano, do homenaxeado Xosé María Díaz Castro. O alcalde, Luis Aragunde, xunto a Pitusa Cabanillas, neta do Poeta da Raza, depositaron ramos de flores diante do monumento da Calzada, ante centos de escolares da localidad e veciños en xeral.
Tras esta ofrenda, o grupo de gaitas “Os Carballeiras” tocou a Antigo Marcha do Reino de Galicia para, a continuación, dar comezo a un recital poético no que participaron todos os institutos e colexios de Cambados.
Os Nenos da Escola de A Pastora recitaron “Bolboretas de Papel”, de Antonio García Teijeiro; alumnos do colexio de Vilariño, “A Fala”, de Manuel María; os de Corvillón abriron o ciclo de poemas do homenaxeado Xosé María Díaz Castro con “Chove en Galicia”; os do Antonio Magariños, “Esmeralda” e “A Noite é Necesaria”; os de San Tomé, “Ai Capitán”; os do Salesianos, “Como unha Espada”; os do IES Ramón Cabanillas, “Penélope” e os do Asorey, “Comunha Escada”. Na despedida do acto, o mesmo grupo musical interpretou o Himno Galego e pezas folclóricas.
Xa polo serán, tivo lugar a entrega do Premio Ramón Cabanillas, concedido este ano ao mestre Manuel Núñez. 
A entrega tivo lugar nunha gala celebrada no auditorio municipal de A Xuvenude. As librerías promotoras deste recoñecemento destacaron a traxectoria do docente e as súas publicacións sobre o poeta.

semana das letras
Os actos culturais con motivo das Letras Galegas seguirán hoxe, xornada da propia efeméride, co concerto da Banda de Música de Castrelo, ás 12:30, no mesmo auditorio. Ás 17:30 celebrarase o terceiro Encontro Cultural Vilariño 2014, no campo da festa da parroquia. Ás sete da tarde, A Xuventude acollerá un festival organizado pola Coral Polifónica de Cambados. 
Mañá desenvolverase o Festival Folclórico Con de Xido e o mércores 28, a recuperada mostra de teatro escolar. n

Cambados honra ás Letras Galegas cunha ofrenda e o Premio Ramón Cabanillas

Te puede interesar