CAMBADOS - Os “loros” do mar arousano están a salvo da extinción

CAMBADOS - Os “loros” do mar arousano están a salvo da extinción
membros de a torre pintando o loro espadeiro iago otero

Os mozos nados no barrio de San Tomé son xentes de mar e aínda que a vida os leve por outros rumbos, vai na sangue e no corazón. Dende logo respirar a bruma da ría arousana dende a mañá á noite inspira e a proba a dan unha dúcia de rapaces –cambadeses na maioría pero tamén hai un ribadumiense– que ronda os vinte e acaba de crear a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais A Torre.
A súa insignia –como non podía ser doutro xeito– San Sadurniño e o seu padriño Emilio, o creador da Asociación Unicornio Azul, hoxe sen actividade, ao que “culpan” de meterlle o gusaniño dende que eran uns meniños. De feito, son novos pero non na materia. Levan desde a súa máis tenra infancia vendo aos seus familiares traballar por e para o mar, curtíndose ao sol arranxando os seus barcos. A súa paixón son os “loros”, unha especie de dorna de recreo a remo que queren poñer en valor, como xa teñen feito con exemplares como “Caíño” e “Espadeiro”. Mar e terra unidas nun pedazo de madeira que fala da historia dos mariñeiros arousanos.
“A Torre” quere divulgar a tradicionalidade destas embarcacións para poder compartilas a con outros grupos e persoas que teñan a súa mesma visión. Tamén apostan pola restauración e pretenden recuperar o veleiro “Unicornio azul”, o emblema da asociación de Emilio –xa o ten capitaneado o presidente, Iago Otero– e que está varado en Vilaxoán despois de térselle cedido á asociación similar da Illa de Arousa, segundo este cambadés.  A súa idea tamén é organizar e celebrar regatas e encontros de embarcacións aínda que polo momento van pouco a pouco. Levan tres meses de traballo como asociación e sempre compatibilizando esta labor coas súas obrigas diarias: os estudos, o traballo no mar, etc. “Sempre tivemos a inquedanza de facer algo máis para que se involucrase a xente e vivira o que facemos”, engadiu Otero. Este mozo aínda recordaba onte como a súa vida está vinculada con este mundo dende moi neno. “O meu avó levábame con el, andaba por riba dos barcos xogando”, relatou.

contactos
Co propósito de que o emprego dos “loros” non se esqueza, a asociación xuvenil de San Tomé está aberta a entrada de máis membros mediante o pagamento dunha “pequena cuota”. Tamén teñen un blog propio onde van relatando a súas pericias e máis están nas redes sociais, como mozos que son, onde xa se poden contemplar algúns dos seus traballos de restauración. n

CAMBADOS - Os “loros” do mar arousano están a salvo da extinción

Te puede interesar