on hai mellor maneira para camuflar un elefante, que encher o espazo de elefantes. Seguro que así pasará desapercibido. Esa mesma é a estratexia que está adoptando Casado para evitar falar do inevitable: que o PP está en caída libre. Ante a debacle dos resultados nas eleccións cataláns, non só non fan autocrítica nin reflexión ou exame de conciencia, senón que continúan coa estratexia do avestruz de agochar a cabeza. É dicir, que a culpa é de Sánchez, din á menor oportunidade e aproveitando calquera micrófono.
Pero o sorpasso de Vox, tan amplo e claro, doe moito en certos sectores dos populares que teñen a moderación como referencia política, e que confirman que non hai ninguén ao temón para a marcar un rumbo firme. Casado inventa a necesidade e a urxencia de abandonar a sede histórica de Génova 13, para desviar o foco do desastre electoral e impor un tema diferente.
Pretende que os medios e a opinión pública fale do que el considera e non do que sucede e importa. Mentres o PP está na fase do descenso aos infernos, Casado impón o mantra de pedir a dimisión de Iglesias. E xa pode ser unha xuntanza medioambiental, cultural ou de ciencia, que sempre o portavoz de turno pedirá a Sánchez que faga dimitir a Iglesias. Xa saben como vai isto, non importa ter razón, importa que a sociedade crea que hai demos con rabos e cornos a quen poder sinalar coma culpables. Calquera cousa con tal de evitar falar de que o PP está en quebra e seguirá en situación de non dispoñible durante moito tempo máis. Mentres, a coalición de goberno suma e segue.
Non hai maior impacto que a tenrura –dixo El– que acariña, envolve e brilla na distancia habitada de sentirte. Acaso, esa emoción íntima de silencio conmovido que fai que todo exista contigo...