Vilagarcía descobre o lado íntimo de Xela Arias nas Letras Galegas

Vilagarcía descobre o lado íntimo de Xela Arias nas Letras Galegas
A concelleira de Cultura, Sonia Outón, e o música Pablo Vidal | gonzalo salgado

Poetisa, escritora, tradutora e editora entre outras moitas habilidades. Así era Xela Arias, a muller á que este ano se lle recoñece nas Letras Galegas e cuxo lado máis íntimo será descoberto este venres en Vilagarcía.


Será na charla-coloquio “Irás, Virás, Dirás” a cargo de Clara Vidal e Pablo Pino no Auditorio a partir das oito e media da tarde. A edila de Cultura, Sonia Outón, destacou este primeiro acto da programación das Letras Galegas 2021 porque vai brindar “a posibilidad de coñecer a unha Xela Arias máis próxima”. De feito Clara Vidal foi “amiga íntima da poeta na época da facultade e nesta homenaxe achegámonos á autora dende a amizade”. A entrada é de balde ata completar o aforo e xusto á entrada do espectáculo haberá un listado para que as persoas que vaian se rexistren e dar así cumprimento ao protocolo do covid.


O acto central será o propio día 17 en Carril con ofrenda floral diante do busto de Rosalía de Castro e a presentación musical de “Saudades da Alborada”


En todo caso non é a única proposta que a Concellería que preside Sonia Outón trae para unhas Letras Galegas que volven a ter carácter presencial despois do parón motivado polo confinamento o ano pasado. A seguinte parada na programación é, precisamente, o luns 17 de maio. Os actos centralizaranse -como xa viña sendo habitual nas últimas edicións- en Carril. Será alí donde ás once comezarán os pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Malveiras. Ás doce terá lugar a inauguración da exposición “Sueños”, de Ramón Bascuas no Centro Artístico deportivo Gato Negro. A tradicional ofrenda floral no busto de Rosalía de Castro está fixada para as 12:30 no lugar de costume.


Xusto a continuación, sobre a unha da tarde, será o concerto da sesión vermú na Praza da Liberdade. Será o momento de presentación do CD Balada e Zarzuela Galega “Saudades de alborada” con Loli Crespo na voz e acompañada ao piano por Alejo Amoedo. O repertorio está formado cunha combinación de autores galegos moi recoñecidos. A seguinte parada é o mércores 19 da man do Cineclube Ádega coa proxección do filme “Luz Vermella” ás oito e media con entrada de balde. Haberá ademais un coloquio. A maiores do luns 24 ao sábado 29 haberá unha exposición sobre Xela Arias na antesala da Biblioteca Municipal. 

Vilagarcía descobre o lado íntimo de Xela Arias nas Letras Galegas

Te puede interesar