Veciños do barrio de As Carolinas procederon durante estos días a retirar as vallas que sinalan o proxecto das ciclovías, que atópase na fase do replanteo, para aparcar os seus vehículos.
Unha das cousas que máis molestou aos residentes nesta zona é que ditas obras comezaron nas previas dun fin de semana longo, cun festivo, sen darlle posibilidade aos veciños de aparcar mentras non se estén levando a cabo os traballos.
A polémica segue arredor do proxecto e os establecementos da zona piden unha reunión co goberno
Ademais, negocios establecidos na zona tamén manifestaron o seu malestar polas obras e reclaman ao goberno local unha reunión para coñecer, máis o detalle, en que consisten as ciclovías. Un deles, o dono do bar Ferreiro, dirixiuse por escrito ao Concello para pedirlle “sensatez” e que teña en conta o mal momento que viven os locais comerciais e hostaleiros.
Os grupos políticos da oposición tamén se posicionaron a este respecto. O PP reclama que se dialogue cos veciños, ao igual que Podemos, que tamén pide a creación dunha mesa sobre mobilidade. Ciudadanos aposta por paralizar as ciclovías mentras non haxa un estudo sobre o seu impacto económico.
O goberno local, pola súa banda, defende que o proxecto vai na liña do que marca a Unión Europea en materia de fomento do transporte sostible e redución das emisións de CO2. Ademais, o alcalde, Alberto Varela, e a edil de Urbanismo, Paola María Mochales, defenden que hai prazas nos aparcamentos disuarios próximos e piden concienciación.