Arousa estrea as novas medidas cos bares baleiros en interior e terrazas a rebentar

Arousa estrea as novas medidas cos bares baleiros en interior e terrazas a rebentar
Poucas persoas optaron por consumir no interior dos locais en Vilagarcía, para o que fai falla acreditación | gonzalo salgado

Interior dos bares practicamente baleiros e terrazas cheas. Esta é a radiografía da primeira xornada de novas medidas de restrición en dez concellos da Ría de Arousa. Case ninguén -aproveitando tamén as boas temperaturas do exterior- optou por adentrarse no interior dos establecementos hosteleiros previa acreditación de ter feita unha proba PCR, ter pasado o covid ou ter a pauta completa de vacinación. Os titulares de bares e restaurantes advertían xa de mañá á clientela que para entrar no interior había que cumprir as normas. Posiblemente polo exceso de burocracia a maioría preferiu gozar da xornada no exterior. Foi a primeira proba piloto en localidades como Vilagarcía ou Vilanova nas que o interior dos locais levaba inactivo dende hai dúas semanas.


Cabe recordar que acreditar estar “libre de covid” para acceder ao interior de negocios hosteleiros é obrigatorio en Sanxenxo, Cambados, A Pobra, Boiro, Meaño e O Grove (todos eles en nivel máximo) e tamén en A Illa, Vilagarcía, Vilanova e Ribeira (fixados no nivel alto).


O que si é certo é que na comarca do Salnés se experimentou onte unha lixeira desaceleración no número de novos contaxios. Moi lixeira, tendo en conta as cifras acadadas ao longo da semana que chegaron a marcas nunca alcanzadas dende que estalou a pandemia en marzo do 2020. De feito son xa 1.251 persoas as contaxiadas neste momentos de covid 19, 61 máis que na xornada anterior.


Na cabeza dos contaxios continúa Sanxenxo, con 372 casos activos (17 máis), seguido de lonxe por Vilagarcía con 270 (tan só un caso máis respecto as cifras do día anterior). En Cambados soben 13 casos e suman xa 194, mentres que O Grove continúa co ascenso na súa curva e acadan os 147 positivos (17 máis). En Vilanova tampouco parece haber teito, alomenos polo de agora, e son 89 os veciños aislados tras dar positivo en covid. En Meaño tamén seguen subendo acadando máximos históricos na localidade con 67 positivos (cinco máis que a xornada anterior). En Ribadumia suben os mesmos e chegan aos 39. Os únicos municipios que descenden, aínda que tamén moi lixeiramente, son Meis e A Illa. A localidade meisina ten 33 casos activos, mentres que a insular suma 40 (catro menos que no parte anterior).


No marxe norte da Ría de Arousa concellos con máximas restricións como A Pobra e Boiro suman respectivamente 85 e 218 positivos nos últimos 14 días, segundo os datos oficiais do Sergas.


Pola súa banda Rianxo ten 45 e Ribeira segue a subir ata os 172.


Na comarca de Ulla-Umia os casos nos últimos 14 días son 36 en Caldas e 16 en Pontecesures. En Cuntis e Moraña son 12 e 14 respectivamente.


En canto as hospitalizacións onte eran 33 ingresados en planta e cuatro persoas máis que permanecen na unidade de críticos de Montecelo.

Arousa estrea as novas medidas cos bares baleiros en interior e terrazas a rebentar

Te puede interesar