Diego Méndez, dende Caldas a conquistar ao público de Galicia

Diego Méndez, dende Caldas a conquistar ao público de Galicia
Diego Méndez ten 32 anos e é de Caldas | cedida

Aínda que dende ben pequeno gozaba cantando na casa e participaba en diferentes corales, a entrada de Diego Méndez na música foi “por casualidade”. Este caldense de 32 anos será o encargado de representar á zona de Arousa na sección de “Retranqueiros” do Luar da TVG e por iso convida a todos os veciños a que o apoien e a que estean pegados ao televisor o día da súa primeira actuación, o venres 24. O certo é que, como el mesmo explica, “nunca pensei dedicarme a isto”. Sinala que “eu estaba acompañando a uns amigos nun ensaio e cantando fóra simplemente por pasalo ben, como se estivese nun karaoke. Foi entonces cando saiu a dona da orquestra e me dixo que estaban na busca dun cantante e se eu estaba interesado”. Recoñece que ao principio “todo me pillou por sorpresa, pero como nese momento non estaba moi contento no traballo pois foi coma unha solución milagro, polo menos para ir vendo”. Non foi máis que a primeira das orquestras na que Diego Méndez cantaría. Despois chegaron outras e, como non, tamén a pandemia. “A raíz daí foi cando empecei a traballar como solista e a intentar crear a miña propia marca personal como artista. Prepareime para defender un repertorio e a miña primeira actuación foi nun local de Barrantes”, explica. Perdeu o medo ao canto en solitario “cantando dende o meu balcón durante o confinamento, o que tamén me valeu para seguir mantendo a garganta en forma”.


Foi hai uns meses cando fixo o casting para participar no programa da TVG. “Mandei un vídeo e fun seleccionado entre vinte máis de toda Galicia”, sinala.


A mecánica do concurso é a mesma que se vén dando durante os últimos anos, sempre cunha gran receita do éxito. “Entre os vinte que somos vai haber duelos todos os venres. Despois quedarán dez finalistas, a continuación cinco e despois estará a gran final”, explica o caldense. Daí que, insiste, “é importante que a xente te coñeza e te apoie”. Nunha época especialmente difícil para o sector da música e da cultura Diego ve neste programa unha “oportunidade de darse a coñecer”. Os gañadores decídense cos votos do xurado e tamén cos do público e a través das redes sociais. Cantos máis apoios, máis opcións. “Estou ilusionado”, sinala.

Diego Méndez, dende Caldas a conquistar ao público de Galicia

Te puede interesar