O breoganista Noel Domínguez múdase a Mallorca e adestrará co seu irmán Diego

O breoganista Noel Domínguez múdase a Mallorca e adestrará co seu irmán Diego
ven de ser convocado para formar parte do grupo permanente de adestramento de Canoa Masculino dentro do Programa de Alta Competición que a RFEP desenrola no Centro de Técnificación Deportiva “Illes Balears” de Mallorca

O piragüista do Breogán do Grove Noel Domínguez ven de ser convocado para formar parte do grupo permanente de adestramento de Canoa Masculino dentro do Programa de Alta Competición que a RFEP desenrola no Centro de Técnificación Deportiva “Illes Balears” de Mallorca durante a tempada 2025. Tendo como data de incorporación ao grupo o vindeiro 4 de xaneiro.

 

Desta forma Noel, que estivo durante varios anos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, sigue os pasos do seu irmán Diego e adestrará no grupo permanente de Mallorca.

Recordar que Diego Domínguez estivo a pasada temporada concentrado neste grupo de adestramento mallorquín, para formar o C-2 500 metros xunto a Joan Antoni Moreno, que os levou a acadar a clasificación para os Xogos Olímpicos de Paris 2024, donde se colgaron a medalla de bronce.

 

Agora tanto Noel como Diego estarán baixo as ordes do adestrador Francisco Martín Torres, na procura de acadar os obxetivos marcados para e nova temporada.

O breoganista Noel Domínguez múdase a Mallorca e adestrará co seu irmán Diego

Te puede interesar