O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes chega a súa quinta parada da tempada coa celebración dunha nova edición do Rallye de Pontevedra, que nesta ocasión contará con 131 equipos na liña de saída. A proba, con centro neurálxico en Sanxenxo, afronta un ano de renovación, cun novo formato con cinco treitos. Para hoxe venres, turno para as verificacións, cerimonia de saída (19:45 horas) e o primeiro treito cronometrado a partir das 20:05 horas. Para o sábado, catro especiales a dobre pasada con comezo ás 08:29 horas e chegada do primeiro participante á Rúa Rafael Picó de Portonovo ás 20:57 horas para un total de 97 quilómetros contra o cronómetro.
Entre os 131 participantes, os principais candidatos ao título, con especial interés a loita entre Víctor Senra e David Vázquez; Alberto Meira e Avelino Martínez e Dani Berdomás e Brais Mirón, con permiso dos outros participantes dentro do Supercampionato R5 Recalvi Pirelli ou de Alberto Otero e Jordán Vázquez, co Citroën C3 WRC. Ademáis producirase a estrea esta tempada de dous formatos promocionais, o Clio Trophy Galicia, que afronta a súa segunda tempada con sete equipos na liña de saída e a estrea a nivel nacional da Sandero ECO Cup Galicia, que neste inicio de curso contará con catro unidades. Precisamente na xornada de hoxe venres terá lugar a presentación oficial destas dúas copas na Praza do Mar de Sanxenxo, ás 17:30 horas.
Tamén competirán no evenrto en Sanxenxo os equipos integrados na Top Ten Pirelli Driver Autia B e C, o Volante FGA e a Pirelli AMF, nun elenco de participantes de máximo nivel.
A proba está organizada pola Escudería Congostra Team e tamén chegará a Meaño.