Celia Castro e Enzo López proclámanse campións de España

Celia Castro e Enzo López proclámanse campións de España
Arriba Celia Castro e a súa adestradora Verónica Cores, abaixo Enzo López | da

Celia Castro conseguiu onte o título nacional Sub 16 da proba de 600 metros no Campionato de España celebrado no estadio de atletismo Yago Lamela de Avilés. Noutra exhibición e conseguindo a súa mellor marca da temporada, a cambadesa da Agrupación Deportiva Mazí suma desta maneira un novo título ao seu palmarés.


Castro gañou con autoridade e moi boa estratexia, facendo un cambio de ritmo non último 150 metros demolador. Non chegou á final coa mellor marca de entre as participantes, xa que o sábado na semifinal non tivo que forzar demasiado a máquina para gañar (1:37.16). A corellana Marina Alduán (Ruizca - Ribera Atlético) e a valenciana Marina Altur (Guadassuar Maskokotas) partían coas mellores marcas, pero Celia Castro, campiona galega hai dúas semanas na Coruña, mostrou o súa calidade competitiva, o seu gran talento e unha acertada táctica. Nos primeiros 200 metros situouse segunda, por detrás dunha Marina Alduán que quixo dominar dende o principio. A falta de 250 metros a atleta navarra subeu o ritmo tratando de descolgar a Castro, pero a cambadesa aguantou ben e na comba iniciou un último cambio espectacular para enfilar a recta de meta á par de Alduán. Coa súa gran zancada e un bo final, Celia Castro colocouse primeira e cruzou a meta nun tempo de 1:33.08, superando en 8 décimas á segunda clasificada e en segundo e medio a Altur, que foi terceira.


Celia Castro redondeou unha gran temporada, xa que acadou os títulos de campiona de España en pista cuberta e ao aire libre, ademáis de ser campiona galega. A partir de setembro iniciará unha nova temporada na que cambia de categoría, pasa a ser Sub 18. Deberá definir entón a súa distancia, ben o 800 metros ou os 400, esta última parece a disciplina na que se especializará polas súas condicións de resistente velocista por riba de mediofondista.


No Clube Mazí e sobre todo en Cambados festexaron onte o triunfo da atleta en formación, que leva moitos años gañando en categorías inferiores tanto no Cambados Seguros Noval como agora na entidade de Vilagarcía.


Pola súa banda, Enzo López, do Atletismo Barbanza, proclamouse campión de España na proba de 

xavelina con un mellor lanzamento de 55,36 metros, distanciando en seis metros ao segundo clasificado. 


Para Enzo López é a súa terceira medalla nacional en categoría Sub 16, xa que o ano pasado foi terceiro e 

este ano xa gañara o Nacional de Lanzamentos Longos de Inverno. Enzo é o líder nacional da categoría e xa batiu o récord galego este ano en dúas ocasións. En Avilés tamén competiu o seu compañeiro Eloi Vázquez, que non logrou pasar ás semifinais nos 100 metros lisos pese a facer a súa segunda mellor marca persoal.

Celia Castro e Enzo López proclámanse campións de España

Te puede interesar