O Grove acolle este sábado o Campionato Provincial de Pontevedra de piragüismo paras as categorías alevíns, benxamíns e prebenxamíns, que é a cuarta regata puntuable da Liga Provincial Depoescolas.
A regata está organizada polo CMDC Breogán do Grove e a Federación Galega de Piragüismo, contando coa colaboración do Concello do Grove e da Comisión de Festas de San Martiño, polo que tamén se disputa o VI Trofeo Festas de San Martiño.
O percorrido que deben facer os deportistas será o habiutal entre o Pavillón de Deportes Náuticos "Tono Campos" e a ponte da Toxa, nun circuito de ida e volta no que padexarán 1.500 metros.
Un total de 352 deportistas están inscritos para esta regata, pertencentes a 20 clubs de toda a provincia. Sendo os clubs que máis deportistas presentan O Muiño de Ribadumia con 51 inscritos, o C.P. Portonovo con 36 deportistas e As Torres Romaria Vikinga con 33.
Na presentación da regata o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, estivo acompañado polo concelleiro de deporte, Kito Parada, poolo presidente da Federación Galega, Fredi Bea, por representantes da Comisión de Festas San Martiño e o presidente do CMDC Breogán, Félix Lamas.