O Villalonga presentou onte a primeira edición da Celeste Cup Alevín F11, un torneo internacional que terá lugar nos campos de San Pedro e no Revel os días 6, 7 e 8 de xuño. A Cafetería Bar O’Spa foi o lugar elexido para presentar os detalles do campionato, co Paco Ozores, que conta con moita experiencia neste tipo de eventos, como director deportivo do torneo, acompañado por directivos do clube celeste e representantes do Concello, Deputación e Federación Galega de Fútbol.
O adestrador grovense Raúl Caneda exerceu como padriño desta primeira edición, que conta coa empresa Clae Viajes como patrocinador e colaborador. Caneda destacou a importancia dos torneos de fútbol base, agradeceu a Paco Ozores e Carlos Noya á iniciativa, á vez que felicitou ao Villalonga polo ascenso a Terceira do primeiro equipo.
O clube de San Pedro consigue desta forma diferenciarse da gran maioría de clubs da provincia que organizan torneos alevíns de fútbol 7 ou fútbol 8, ao elexir a modalidade de fútbol 11, na que apenas hai campionatos e moito menos cun cartel como o da Celeste Cup. Competirán un total de 32 equipos, divididos en catro grupos de catro e dous de seis. Un total de 17 deles chegarán dende fóra de Galicia, polo que o evento terá un importante impacto no sector turístico da zona, xa que espera mobilizar a preto de 700 deportistas e adestradores e a dous mil familiares e acompañantes.
O nivel deportivo será alto, xa que os cabezas de serie son Porto FC, Real Valladolid, Real Oviedo, Getafe, Sporting Clube de Braga e Vitoria de Guimarães. No grupo A estarán o Astur, Ayron Club (Cantabria), Ural e UD Ourense xunto co SC Braga. No grupo B, Velarde (Cantabria), Val Miñor, CD Casa Asturias e Sporting Coruñés xunto ao Real Oviedo. No grupo C, Unión Zona Norte (Madrid), Calasanz, UD Gijón Industrial, Milagrosa e os anfitrións do Villalonga xunto ao FC Porto. No D, Fútbol Origen Andaluz (Andalucía), Cidade de Ribeira, Santa Mariña, Escolapios Coruña e Atlético Camocha (Asturias) xunto co Vitoria de Guimarães. No grupo E, Sada, TSK Roces (Asturias), CD Cuatrovientos (Ponferrada) e Concello de Carnota xunto ao Getafe. E no grupo G, Bertamiráns, Pontevedra, Atlético Coruña Montañeros e Urraca (Asturias) xunto ao Real Valladolid.
O torneo comenzará o venres 6 de xuño a partir das 17 horas cos partidos Santa Marina vs Escolapios e Bertamiráns vs Atlético Coruña Montañeros. Haberá unha fase de consolación (Prata) con eliminatorias ata a final e unha fase polo título (Ouro), na que a gran final será o domingo ás 17.30 horas.