O Nacional organizado polo Umia atraeu a mil personas ata Caldas

O Nacional organizado polo Umia atraeu a mil personas ata Caldas
Lidia Aboy, do Club Acuático Umia, quedouse ás portas da medalla de bronce | rfess

O Club Acuático Umia continúa celebrando por todo o alto o seu 25 aniversario. A fin de semana organizou a XXXVI edición do Campionato de España Infantil e Cadete na Piscina Antía García de Caldas de Reis, onde se deron cita 321 deportistas pertencentes a 42 clubs de 12 comunidades autónomas. Ademais dos deportistas, técnicos, delegados/as pais e nais, durante tres días déronse cita máis de 1.000 persoas na vila caldense, feito que supuxo un grande impacto económico para a vila.


O presidente do Umia, Rubén Monteagudo, explica que o evento “superou absolutamente todas as expectativas creadas e conseguiu dar a coñecer un pouco máis o noso club, os seus 25 anos de vida e o Concello de Caldas de Reis e todas as súas potencialidades, ademais de ser un escaparate magnífico a nivel estatal e mundial para este deporte tan bonito que é o salvamento deportivo”.


En canto aos resultados deportivos do Nacional de Salvamento, o campión infantil por clubs foi o SOS Bétera de Valencia, e en categoría cadete o Club Alcarreño e Guadalajara. O Club Acuático Umia fixo debutar neste Campionato de España a 19 dos 22 participantes convocados polo club caldense, moitos e moitas deles integrantes novos do club dende outubro e que disfrutaban do seu primeiro gran evento a nivel estatal. Destacou Lidia Aboy, que foi cuarta na proba 100 aletas cadete feminino cun novo record galego, e quinta na proba 200 supersocorrista cadete feminino tamén establecendo un novo autonómica que ela mesma ostentaba xa.


Pola súa banda, o Salvamento Vilagarcía estivo representado Mariña Cores, Damián Lage e Anxo Tourís. Na categoría infantil Mariña Cores conseguir súa mellor marca persoal en 100 obstáculos (1.21.95), e acabaou entre os mellores 25 tempos do campionato. Tamén en infantiles, Damián Lage rebaixou a súa mellor marca en 100 remolque de aletas, mentres que en cadetes Anxo Tourís fixo o propio en 200 metros supersocorrista, situándose entre os mellores 25 postos en 200 metros natación con obstáculos.


Por outra banda, os deportistas do clube vilagarcián Aroa Suárez, en categoría júnior, e Pedro Costa, en categoría xuvenil, foron convocados pola FESSGA para participar nunha concentración de Tecnificación na praia de Gandarío en Bergondo, que terá lugar este sábado.

O Nacional organizado polo Umia atraeu a mil personas ata Caldas

Te puede interesar