O Piragüismo Rías Baixas de Boiro estrea un novo barco dragón

O Piragüismo Rías Baixas de Boiro estrea un novo barco dragón
O barco dragón permite achegar o deporte do piragüismo a persoas e colectivos con dificultades e tamén traer esta nova modalidade a Boiro.

O Concello de Boiro financia un barco dragón para o Club de Piragüismo Rías Baixas de Boiro para poder participar en competicións desta nova modalidade. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira, Dores Torrado, estiveron xunto con Sergio Pérez Treus e outros membros do club.  

“Facemos unha gran aposta polos clubs deportivos do municipio co aumento das subvencións nominativas, a mellora de instalacións e o financiamento de equipamentos para a práctica deportiva como é o caso desta embarcación”, afirmou o alcalde. O barco dragón foi adquirido co financiamento do Concello de Boiro mediante un convenio de colaboración correspondente ás subvencións nominativas do ano 2022.

O Club Piragüismo Rías Baixas participou xa nun campionato do mundo na modalidade de Dragon Boat e que se celebrou na localidade de Racice, na República Checa, unha proba na que acadaron dúas medallas de bronce. “Este ano podemos seguir fomentando o piragüismo no ámbito escolar, un proxecto do uso do barco dragón para persoas que pasaron o cancro de mama e tamén participar no campionato de España. O noso obxectivo de cara ao próximo ano é clasificarnos para o mundial desta modalidade”, afirmou Sergio Pérez. 

 

 

O Piragüismo Rías Baixas de Boiro estrea un novo barco dragón

Te puede interesar