Presentan a XIX Carreira Popular Mar de Boiro que se celebra o primeiro domingo de decembro

Presentan a XIX Carreira Popular Mar de Boiro que se celebra o primeiro domingo de decembro
O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e o técnico Manuel González presentaron a proba / DA

O Concello de Boiro presentou hoxe a XIX edición da Carreira Popular Mar de Boiro, 17º memorial a Pepe Buceta, que se celebra odomingo día 1 de decembro. O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e o técnico do departamento de Deportes, Manuel González, explicaron que a proba constará de tres categorías.

 

A primeira engloba as carreiras de mini e supermini para idades de ata os 7 anos, que será de 200 metros e sairá ás 10.40 horas da rúa peonil. A segunda categoría será a de escolares, que consta dun percorrido de 2.500 metros e sairá ás 11.05 horas da rúa Principal. Por último, a careira longa será de 10.000 metros e sairá ás 11 horas da rúa Principal. Mar de Boiro forma parte do VIII Circuíto de Carreiras de Barbanza Arousa e do X circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

 

Mantense o percorrido das pasadas edicións con saída da rúa Principal cara a Avenida de Compostela e Praia Xardín, pasando polo Paseo Marítimo de Barraña ata o Saltiño con chegada a Mañóns e regreso a Boiro, novamente á rúa Principal, onde se atopa a liña de meta. "Trátase dunha carreira de dificultade media, apta para que calquera persoa poida participar”, afirmou o concelleiro.

 

Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría e absolutas, tanto masculina como feminina, e tamén aos tres primeiros corredores e corredoras de Boiro; ao participante de maior idade e clasificación Sapatilla Inclusiva para persoas con discapacidade.

 

Hai xa preto de 400 persoas apuntadas e as inscricións están abertas ata o vindeiro xoves 28 de novembro ás 23.59 horas na páxina de emesports.es. O alcalde, José Ramón Romero, animou á veciñanza a participar nesa proba "unha carreira moi familiar e que serve para promover o deporte en todas as idades e que este sirva como un atractivo turístico e comercial e fomentar a economía na comarca".

Presentan a XIX Carreira Popular Mar de Boiro que se celebra o primeiro domingo de decembro

Te puede interesar