A padexeira do Breogán do Grove Tania Álvarez atópase en terras neerlandesas para participar na 50ª edición da Amsterdam Waterland Marathon. Trátase dunha regata internacional da modalidade de maratón que chega o medio século de existencia. Lévase a cabo este sábado sobre un percorrido de 23 quilómetros e dous porteos, tanto para as categoría sénior masculina e femninina como para a máster.
A saída da proba para Tania Álvarez está prevista para las 13 horas. Dende o Breogán do Grove apuntan que “esta dura competición na pasada edición, na categoría de muller sénior, foi gañada pola padexeira húngara Panna Krisztina Sinko; con un tempo de 1 hora, 53 minutos e 34 segundos”, polo que se espera un nivel alto en canto a competitividade e opcións para a regatista meca de estar entre as mellores.