Ainhoa Fervenza | “Os problemas de Sanxenxo son o estacionamento e a vivenda pública”

Ainhoa Fervenza | “Os problemas de Sanxenxo son o estacionamento e a vivenda pública”
Ainhoa Fervenza

Ainhoa Fervenza (Donosti, 1972) chegou a Sanxenxo con sete anos. Tras catro anos liderando o PSOE na vila, concurre as súas segundas eleccións municipais para facerse coa Alcaldía de Sanxenxo. Con máis experiencia e seguridade, confia en levar adiante as súas ideas para o concello.

 

Como valora este último mandato do PP?

É un símil dos que xa tivo noutras épocas. Durante os dous primeiros anos vai estancando os proxectos para bombardearnos cos que fixo, os hipotéticos e os que non vai facer pero os presenta igual. Son proxectos enfocados a dúas concellerías, urbanismo e infraestruturas e o resto non existen, ten oito edís no paro.

 

Que opina dos proxectos que está levando adiante o Concello?

 As obras de Portonovo están levantando moitísimas críticas no comercio, porque Telmo Martín parece que ten unha inquina especial cos veciños de Portonovo. Xa lles deixou sen vida na avenida da Mariña e agora quere cargarse todo o comercio no entorno do mercado. Non se pode aplicar o mesmo formato urbanístico para un sitio que para outro. Portonovo precisa estacionamento preto das zonas onde se desenrola o comercio e o seu proxecto parece que se esqueceu diso. O Concello de Sanxenxo aínda que aparentemente nas contas poda parecer que está ben, estamos cautivos porque estamos pagando en cómodos prazos 4,5 millóns de euros polo terreo das Cunchas, agora veñen os 12 millóns de euros polos viais das Cunchas e probablemente veña a sentenza condenatoria de derrogación da licencia da gasolineira do Vinquiño que van ser aproximadamente outros 5 millóns de euros. Sanxenxo non debe cartos aos bancos pero si aos veciños a quen ten que pagar todos estes cartos, polo que estamos a falar dunha débeda encuberta. Sanxenxo pode facer obras gracias aos cartos que veñen de subvencións como os Next Generation. Se non fora por iso, non teriamos nada.

 

Que lle parecen os plans de Telmo Martín para o turismo na vila?

Gústame o eslogan, “365 días o ano”, o resto non o podo valorar porque non existe o seu plan de turismo. Nós imos presentar o noso plan integral de turismo, para e por Sanxenxo, porque é triste que tendo todo ao noso favor, sexan outros concellos os que sexan capaces de desestacionalizar e Sanxenxo non. Terá unha parte cultural e deportiva, con actividades como un fin de semana literario e faremos un Samaín totalmente distinto que vai ser un referente. Temos que conseguir que no Nadal a xente que vaia a Vigo veña a dormir a Sanxenxo, témoslles que ofertar algo. Os hoteis no momento no que vexan que hai confluencia de persoas e reservas van a abrir. Non vai ser de cero a cen nun ano, pero irá crecendo porque haberá tirón.

 

Teñen algún proxecto estrela?

Gustaríame conveniar ou comprar a casa onde viviu Emilia Pardo Bazán e facer un museo e a zona do colexio da Florida é algo que hai que facer si ou si. O mercado de Sanxenxo, olvidándonos por suposto de ese soterrado, que parece que Telmo Martín é descendente de algún mineiro porque el sempre ten que soterrar algo. Somos unha poboación dual, dez meses pobo e dous cidade, e así hai que pensar, temos que fomentar a coexión social no inverno e no verán dar solución aos problemas reais, estacionamento, seguridade vial e servizos.

 

Cal sería a primeira medida que tomaría se chegase a Alcaldía?

Os problemas principais agora mesmo son o estacionamento e a vivenda pública. Para Portonovo a nosa idea é facer un aparcamento no Espiñeiro e non quitar todo o estacionamiento en superficie no porto. Faríamos máis aparcamento en Miraflores unido á humanización do entorno do colexio e tamén outra bolsa de parking público no lugar das Cunchas. Temos que poñernos en marcha para cambiar o PXOM e dar cabida no Revel a vivenda pública. Tamén temos que retomar en serio o turismo con todo o tecido asociacionista e incluir programación para mozos e xubilados.

 

Confía en arrebatar a maioria absoluta ao PP?

Vai ser difícil pero só vai depender dos votos da veciñanza. Como di o seu eslogan “nada é imposible”, e unido ao noso lema “contigo vai ser”, vai a estar nas más da veciñanza. Eu estou convencida, estou capacitada, son unha xestora e como Emilia Pardo Bazán, son “indómita”.

 

Este ano preséntanse menos partidos... que opina da incorporación de SAL ao PP?

De oito partidos que fomos hai catro anos, pasamos a catro. Eso é o resultado de que na esquerda se fixeron as cousas ben e non hai cabida para tantos partidos. Non creo que os votos de SAL vaian para o PP, porque si foran del, xa os tería fai catro anos. Non creo que vaia a medrar, e terá sorte si aguanta o que ten.

 

Márcase algunha liña vermella ante un pacto de goberno?

Telmo Martín. Non imos a pactar co PP. Co BNG non teríamos problema, xa que ambos partidos a nivel local somos moi conscientes das necesidades dos veciños e temos propostas para elas. 

 

Emilia Pardo Bazán

A candidata elixe como persoa de referencia a Emilia Pardo Bazán, unha das grandes escritoras do  século XIX e primeira veraneante ilustre de Sanxenxo. “Cando chegou á miña vida descubrín que era unha muller adiantada a súa época, que empregou os seus recursos para loitar por ser un referente da escritura e a través dela, introducir de bates e ideas para todas as mulleres”. “Foi belixerante nas súas batallas e unha axitadora de ideas”. “Eu  non concibo a política sen axitar, sen romper os este reotipos e, polo menos, provocar para o cambio”

 

[... e mañá en O Salnés, entrevista a Telmo Martín, candidato do PP de Sanxenxo ]

Ainhoa Fervenza | “Os problemas de Sanxenxo son o estacionamento e a vivenda pública”

Te puede interesar