David Torres | “Voume reunir co presidente da Xunta para desatascar os problemas do Grove”

David Torres | “Voume reunir co presidente da Xunta para desatascar os problemas do Grove”
David Torres, candidato BNG O Grove | G.SALGADO

David Torres (Ardia, 1978), preséntase por primera vez como candidato aínda que conta con dilatada experiencia, formando parte da militancia nacionalista dende o 2002. Neste último mandatou tomou o relevo de Heladio Outeiro na portavocía e agora enfróntase a Alcaldía coa “tranquilidade de ter un rumbo e non desviarme”.

 

Que aprendeu do seu antecesor, Heladio Outeiro?

Unha das cousas foi a serenidade, a tranquilidade de tratar os temas. A política é como un elefante, vai lento pero non hai que non pare, e ese tipo de cousas son as que aprendín traballando con Heládio. Téñolle un gran aprecio.

 

Que balance fai deste mandato?

Foron catro anos perdidos para O Grove. Non levou adiante ningún dos temas importantes. O pobo cada vez está máis paralizado, a limpieza é nula... Reunímonos con entidades culturais, deportivas e directivas de centros educativos e todos nos trasladan, e tamén puidemos comprobar, que hai deixadez no mantemento dos edificios. O goberno nestes meses vai ser de “cortar cinta” pero manter o existente, non o fixo nin ten pensado facelo.

 

Por que cre que o goberno socialista non vai revalidar a maioría absoluta?

Esta maioria absoluta demostrou que Cacabelos é unha persoa autoritaria. Deixou claro que non ten ideas novas e solo improvisacións para intentar manterse no goberno. A xente xa veu que é un goberno incapaz de sacar adiante temas como o PXOM, a obra de club de remo mecos que aínda está sin acabar... Un exemplo claro de deixadez, falta de ganas e dun goberno en desconto.

 

Cales son as prioridades que ten O Grove para o BNG?

Agora mesmo O Grove é un pobo morto, o que necesita é volver ter vida. Unha vez que se fixeron tantas infraestructuras no Monte da Vila, é unha prioridade abrir o vial dende Xoan XXIII para dar entrada e saída a esa zona, e tamén é importantísimo crear áreas de aparcamento por barrios que poidan evitar a circulación de vehículos polo casco urbano.

 

Outra das asignaturas que siguen pendentes é o PXOM...

O PXOM é un fraude do goberno de Cacabelos. Enviouno á Xunta sabendo perfectamente que tiña erros e non cumpría os requisitos e que llo iban a mandar de volta. Coma sempre busca un culpable. Dille a os veciños que é a Xunta a que non quere o PXOM para O Grove cando realmente é él o que non fixo ben o seu traballo e mandouno mal a posta.

 

Hai que facer unha boa xestión e encaixe de ubicacións para  poder facer un centro de saúde no vindeiro mandato. Imos apostar por darlle un terreo  válido á Xunta

 

 

Cal sería a primeira medida que tome se chega á Alcaldía?

Nós consideramos que coa colaboración entre as institucións, sempre con seriedade e con firmeza pero sendo coherentes co que decimos e bo trato, se poden sacar cousas adiante como a aprobación do PXOM ou a construcción do centro de dia e o centro de saúde. A primeira medida que vou levar a cabo é reunirme co presidente da Xunta para desatascar todos estes problemas. Quero falar directamente con Alfonso Rueda porque hai posibilidades, hai que facer unha boa xestión e encaixe de ubicacións para poder facer un centro de saúde no vindeiro mandato. Imos apostar por darlle un terreo urbanísticamente válido á Xunta. Para o centro de día hai que valorar coa Xunta si o Colexio das Monxas cumpre os requisitos para situalo alí, senón poderiamos mirar nas Touzas, onde xa hai un proxecto, pero non nos cerramos na ubicación. Imos intentar sacar os proxectos adiante con total colaboración porque ao final o que temos que buscar é que os pague a Xunta que é quen ten as competencias para facelo.

 

E que outros proxectos quere levar adiante?

Non queremos facer obras faraónicas. O que vemos é que o concello necesita o mantemento de todas as instalacións públicas. Os pavillóns están que dan pena, os centros educativos necesitan mantemento... Nós poñemos 300.000 euros para os centros e 250.000 euros para as instalacións deportivas, porque é un orzamento anual que se necesita para que estén en boas condicións. O noso concello tamén necesita limpeza e facer unha nova RPT para adaptar o persoal municipal aos postos de traballo. En canto ao turismo, imos a crear a ruta dos muíños e impulsar a promoción turística do concello coas nosas tres marcas insignia, A Toxa, San Vicente do Mar e O Grove. Temos que potenciar todos os alicientes que ten o noso concello para que sexa visitable, pero sempre con orden. Que non xere caos no concello e non provoque que os nosos veciños non poidan vivir na súa vila.

 

Ten o BNG algunha liña vermella para posibles pactos de goberno?

Nos non imos pactar co PP e non vexo que vaiamos gobernar co PSOE. A partir de ahí, imos dialogar con todas as forzas e aínda que non se pacte con certos partidos, obviamente si os imos escoitar, porque entre todos podemos facer unha vila máis atractiva e mellor. Eu quixera que o voto non se diversificara e que se centrara no BNG, única opción real para cambiar o Concello do Grove. 

 

José “Pepe” Mujica, “o presidente humilde”

O candidato elixe como persoeiro destacable a José Mujica, ex presidente de Uruguay. David Torres destaca a súa humildade, transparencia e carácter dialogante. “Representa moi ben o que eu quero que o BNG sexa para a cidadanía do Grove”. “Pareceme unha persona cercana, igual que me considero eu, que pode falar con calquera persona teña a ideoloxía que teña, e creo que me representa bastante ben”. “A min o que me gusta, máis que falar, é escoitar e contar con todo o mundo decidir o destino do seu concello”.

[... e mañá en O Salnés, entrevista a José Antonio Otero, candidato de EU do Grove]

David Torres | “Voume reunir co presidente da Xunta para desatascar os problemas do Grove”

Te puede interesar