O PP barre en todas as mesas de Sanxenxo coa confianza da metade do electorado do municipio

O PP barre en todas as mesas de Sanxenxo coa confianza da metade do electorado do municipio
Resultado nas mesas electorais de Sanxenxo

Sanxenxo respondeu á chamada ás urnas con un apoio rotundo ao Partido Popular de Núñez Feijóo, que acumulou un 50,01 % dos votos, o que supuxo un aumento en 13,23 puntos con respecto aos comicios do ano 2019. Unha victoria na localidade que se saldou co triunfo nas 24 mesas electorais e 5.346 votos. Un bastión para os populares, que gozan de maioría absoluta no Concello da man de Telmo Martín.


Pola súa banda, os socialistas perderon apoio en Sanxenxo, en concreto en 1,72 puntos, pese a estar consolidada como a segunda forza no municipio, alonxada en máis de 2.500 votos dos populares, pero con marxe frente a Sumar —rexistrou 998 votos— que, non obstante, non consegueu reeditar os votos de Podemos, que superou o millar nos comicios de 2019, aos que ademáis hai que engadir os 144 votos que obtivo Más País na pasada lexislatura en Sanxenxo. Así e todo, a formación de Yolanda Díaz si logrou impoñerse aos nacionalistas que só alcanzaron ser a terceira forza en catro mesas electorais, en Portonovo, Bordóns, Vilalonga e Noalla. Un obxectivo que perseguía tamén o BNG no conxunto de Galicia sen conseguir o resultado desexado. En Sanxenxo, pese a esto, rexistrou un crecemento de 1,20 puntos, o que se traduciu nun aumento de 219 votos.


O gran perdedor da xornada no municipio foi Vox, que deixou quedarse 252 sufraxios, unha caída en 3,55 puntos. Uns resultados en consonancia co resto do país, donde rexistrou a perda de máis de 600.000 votos en todo o territorio nacional, o que supuxo 19 escaños menos no Congreso. Un descenso na confianza dos electores que se confirma no transvase de votos ao Partido Popular.


Unha xornada electoral marcada pola alza en participación, que creceu no municipio en 7,56 puntos, pese a celebración dos comicios en plena tempada estival. Unha afluencia de votantes aos colexios ectorais maior da esperada e que confirma a movilización electoral, centrada maiormente no bipartidismo entre Partido Popular e o Partido Socialista Obrero Español. Unha alza na participación que se extendeu a todo o territorio nacional, con un 70,18 %, case catro puntos máis que nas últimas eleccións xerais.

O PP barre en todas as mesas de Sanxenxo coa confianza da metade do electorado do municipio

Te puede interesar