O PP venceu en todas as mesas de Vilanova cunha das máis amplas maiorías

O PP venceu en todas as mesas de Vilanova cunha das máis amplas maiorías

O PP volveu demostrar nestas eleccións xerais o gran poder de mobilización que ten na localidade de Vilanova de Arousa. Os populares colleitaron unha das máis amplas maiorías da comarca, acadando un 55,93 % do total de votos na vila. Un equivalente a unha maioría absoluta en clave local que nestes comicios só foi superado polo resultado do PP en Meaño, onde acadou alí un 56,23 % dos sufraxios. 
 

En Vilanova de Arousa, os de Feijóo venceron en todas as mesas, nalgunha ampliando incluso a portentaxe con respecto ás municipais de maio. É o caso da de Vilanova 1-1-B. Un dos mellores datos destas xerais na vila obtúvoa o Partido Popular na mesa de Corón B, onde acadou un 70 % dos votos emitidos. Nesta mesa xa se acadara un rotundo 73 % nas locais de maio. 
 

O PSOE foi segunda forza en todas as mesas, conseguindo ata 142 papeletas en San Miguel B ou as 135 en Sestelo-Baión. 
 

Sumar foi terceira forza en Vilanova, aínda que non en todas as mesas. O BNG foi a cuarta forza e  Vox foi a quinta formación, aínda que conseguiu quedar por diante de Sumar e do BNG en dúas mesas: En Sestelo-Baión e na citada de Vilanova 1-1-B.

O PP venceu en todas as mesas de Vilanova cunha das máis amplas maiorías

Te puede interesar