O Partido Socialista consegueu manter o liderazgo en O Grove nunha cita electoral marcada polo ascenso do Partido Popular, unha tendencia que se evidenciou en toda a comarca de O Salnés. Un bastión progresista no que a formación liderada por Pedro Sánchez se alzou en oito das quince mesas electorais, nunha apretada pugna electoral co Partido Popular. Os socialistas tamén alcanzaron unha subida de 161 votos con respecto aos comicios de 2019, pese a que recudiu en 0,75 puntos o porcentaxe de voto no municipio. Os conservadores evidenciaron a tendencia á alza na comarca con un aumento en 8,56 puntos. Así, como segunda forza, finalizaron a 131 sufraxios do partido de Sánchez. Un aumento que tamén se respalda na desaparición de Ciudadanos, que en 2019 contaba co apoio de 213 mecos, e co aumento da participación, que alcanzou o 70,84 %, un 6,35 % máis que nas eleccións de 2019, cando foron a votar un 64,49 % da veciñanza de O Grove.
Resultados positivos tamén na península meca para Sumar, que acadou un meritorio 18,17 % dos sufraxios con 1.150 votos, reforzando a súa posición como terceira forza política no municipio. Non obstante, quedouse a 185 votos da suma alcanzada por Podemos e Más País nas eleccións de novembro de 2019.
Unha cita marcada pola igualdade entre socialistas e populares na que también é destacable o aumento do BNG, que experimentou un cremento en 3,04 puntos, o que se traduciu en 756 votos. Uns resultos tamén á alza que se constataron en toda a comunidade, pese a que non acadaran o ansiado deputado na provincia de Pontevedra.
Pola súa banda, Vox volve a ser o menos votado das cinco principais forzas en O Grove, con tan só 275 sufraxios, 52 apoios menos que en 2019, o que supuxo unha perda de 1,55 puntos.
Unha victoria sen paliativos para ás formacións de esquerda no municipio.