Rueda defende na Arxentina o liderado e talento feminino para unha igualdade real e efectiva

O presidente galego fixo entrega da distinción ‘A Barca de Sálvora’ a tres mulleres
Rueda defende na Arxentina o liderado e talento feminino para unha igualdade real e efectiva
O presidente autonómico, xunto as homenaxeadas no acto | Xunta de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou na Arxentina a importancia do liderado e o talento das mulleres no fenómeno emigrante galego, pola súa contribución ao benestar de toda a comunidade e a emprender o camiño cara a unha igualdade real e afectiva.


Así o fixo durante o acto de entrega da distinción ‘A Barca de Sálvora’, no Centro Galego de Avellaneda, que recoñece a mulleres destacadas da colectividade do Día das Mulleres.


O mandatario autonómico, que estivo acompañado do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, agradeceu, na súa intervención, á entidade o seu papel para axudar a preservar a cultura galega en todo o país.


As tres galardoadas foron: Victoria Pazos, do ABC de Corcubión; María Luján Martínez Turnes, da Asociación Galega Residentes de Mos; e María Fernández Torres, de Residentes do Grove.

 

 A mención especial foi para as cantareiras, ás que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2025, e o presidente galego destacounas como “referentes onde mirarse”. 

 

Na súa intervención, Alfonso Rueda aproveitou a datado 8 de marzo, para reivindicar a loita pola igualdade como unha das grandes prioridades do Goberno que dirixe e apuntou que se trata dun traballo diario no que “é necesario avanzar todos xuntos”.


Rueda tamén quixo reivindicar a Galicia actual, á que definíu como  “moi diferente, potente e moderna, que abre os brazos a todo o mundo, especialmente, a aqueles que axudaron a construíla, cando viñeron a Arxentina e a tantos países, e nunca se esqueceron da terra de onde viñan”. 

Rueda defende na Arxentina o liderado e talento feminino para unha igualdade real e efectiva

Te puede interesar