Falece o sindicalista da CUT José Manuel Romero, “O Churumbelo”, aos 65 anos de idade

Falece o sindicalista da CUT José Manuel Romero, “O Churumbelo”, aos 65 anos de idade
José Manuel Romero Dávila nunha imaxe de arquivo | CUT

Referente no movemento en defensa dos traballadores do Barbanza por décadas, José Manuel Romero Dávila, máis coñecido como “O Churumbelo”, faleceu aos 65 anos de idade, deixando tras de sí unha profunda marca na Central Unitaria de Traballadores (CUT), un sindicato do que foi un dos seus fundadores no ano 1998, aínda que comezou moito antes coa súa loita polos dereitos dos trabalaldores, converténdose nun pilar do sindicalismo.

 

Así, "O Churumbelo" colaborou na fundación desta central sindical nun contexto adverso e sacrificando o persoal polo colectivo. Agora, nun triste día, desde a CUT recordan "a súa alegría, a súa retranca, a súa conciencia obreira" e remarcan que o sindicato "levará sempre no seu ADN o que Churum nos deu e nós".

Falece o sindicalista da CUT José Manuel Romero, “O Churumbelo”, aos 65 anos de idade

Te puede interesar