O Pazo de Goiáns volveuse a converter este mércores no escenario de excepción que acolleu a tradicional Romaría das Letras Galegas, data na que se homenaxeou a Francisco Fernández del Riego. A programación diseñada pola asociación cultural Barbantia, coa colaboración do Concello boirense, contemplou varias presentacioóns literarias, concertos e actuacións, así como un xantar popular e un mercado no que estiveron instalados os postos das librarías Ler da Pobra e Nobel de Boiro, ademáis dos expositores de Paco Casal, San Cosmeiros, A Gata Moscovita, Moncho Xoieiro, Son Agasallo, Diane Onlooker, Cruz Vermella de Boiro e unha mostra de palilleiras de Revolteiras.
A apertura do recinto, no que se puido visitar unha exposición fotográfica adicada ao intelectual ao que se rende tributo, ademáis do referido mercado, tivo lugar ás once da mañá, momento en que empezou a achegarse algunha xente, e despois houbo unha exhibición de baile galego a cargo de Xilbarbeira e o grupo de Abanqueiro, mentres que á unha e media da tarde empezou unha sesión vermú nos xardíns que estivo amenizada por Habelas Hailas. Despois do xantar popular, que incluiu un posto de polbo e que estivo amenizado por Pequenos do Barbansa, foi pasadas ás catro da tarde cando tivo lugar a apertura institucional e leváronse a cabo as presentacións de libros que organizou Barbantia e que estiveron acompañadas dun espectáculo teatralizado a cargo de Os Quinquilláns.
Entre as publicacións literarias que se deron a coñecer figuraron “Cantigas quero eu lembrar” de Xulio Gutiérrez, que estuvo acompañada da actuación del grupo de música antigua Os Menestreis, y “Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura”, de Xosé Franco Grande e Anxo Rajó Pazo. Seguidamente, tuvo lugar un café concerto con Caamaño y Ameixeiras e despois empezou o espectáculo de Rudy Dudy Clown, dirixido principalmente ao público infantil e familiar no pombal. Ao seu remate houbo unha mostra de baile na finca con Aroña e Abeloura, e continuouse logo cun espectáculo teatralizado do grupo Airiños de Asados, que tamén presentou o libro do seu 90º aniversario, e o broche de ouro o puxo a última hora da tarde o concerto de A banda da Loba.