A Pobra acollerá a última hora do sábado 27 a terceira Carreira Solidaria “Móvete pola Diabetes”

A organización espera que podan participar neste evento más de 200 persoas de diferentes idades
A Pobra acollerá a última hora do sábado 27 a terceira Carreira Solidaria “Móvete pola Diabetes”
O evento deportivo solidario desenvolverase desde os máis cativos ata a categoría absoluta

A Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes Anedia Galicia, coa colaboración da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, A Federación Galega de Atletismo e a Concellería de Deportes de A Pobra do Caramiñal, programou para este sábado, 27 de xullo, a partires das oito e media da tarde, a celebración da terceira edición da carreira solidaria “Móvete pola Diabetes”, na que esperan superar os 200 participantes entre todas as categorías. Terá lugar a partires das oito e media da tarde na vila pobrense con diferentes probas segundos a distribución por idades e modalidades, e que terán as saídas e a metas na Praza Alcalde Segundo Durán. 

 

As probas poderán disputalas tanto atletas federados como os  que non o estean e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo. Fontes da organización indicaron que nesta edición incorpórase o factor da sostibilidade, a través de Netcycle, dentro do proxecto Beta, co que reutilizaranse os residuos xerados e Viaqua cederá unha fonte de auga para evitar o uso de envases de plástico. Do mesmo xeito, no que respecta á vertente asistencial, durante o desenvolvemento da competición disporase dun posto de enfermería para facer medicións de glucosa e o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia desenvolverá unha labor informativa.


No que atinxe a competición deportiva en si, a primeira proba, na distancia de 250 metros, para os sub-6, é dicir, para os nacidos no 2019-2020, saldrá ás 20.30; ás 20.50 o farán os sub-8 para percorrer 400 metros, e as 21.10 os sub-10 e deberán facer 600 metros. Ás 21.30 sairán conxuntamente os sub-12, sub-14 e sub-16 para percorrer un kilómetro, mentres que ás 22.00 tomará a saída a categoría absoluta, desde os sub-18 ata o máster 6, incluíndo a Zapatilla inclusiva, que deberán percorrer 3 kilómetros. Ás 22.30 será a entrega de trofeos. As inscripcións poderán facerse vía online a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, sendo gratuita para as categoría inferiores á sub-18, mentres que o resto deberá aboar 6 euros. 

A Pobra acollerá a última hora do sábado 27 a terceira Carreira Solidaria “Móvete pola Diabetes”

Te puede interesar