A regata de embarcacións “Feitas á Machada” protagoniza a recta final da Festa da Dorna

A regata de embarcacións “Feitas á Machada” protagoniza a recta final da Festa da Dorna
A embarcación de “Os Pintos Joden Quintos” venceu o “Jran Premio Cutre Sark”

A praia de Coroso foi escenario onte da regata de embarcacións “Feitas á Machada e Propulsión a Pan de Millo”, unha das citas cumbres da Festa da Dorna. Naves feitas á man que protagonizaron a xornada grande dos festexos, festivo local en Ribeira. O día grande arrancou con 75 campanadas, en lugar das bombas de palenque tradicionais, co obxectivo de evitar molestias a persoas con diferentes sensibilidades ou ás mascotas. A programación iniciouse coa exposición das embarcacións dos participantes no Malecón, paso previo á “perejrinasión a Corosa”. Un pasarrúas cheo de retranca e no que os regatistas mostraron as súas elaboracións, fruto do esforzo. Unha actividade multitudinaria que expón as singularidades dos festexos cumbre de Ribeira.


O “Jran Premio Cutre Sark”, proba dorneira por excelencia, acadou con victoria para “Os Pintos Joden Quintos”, que celebra este ano o seu vinte aniversario; seguidos moi de cerca por “Back Street Bois”, “Non vexo a Boia”, “Tocando Fondo” e “Parrochas Papudas”. Unha proba que se completou coa “XXXIII Jran romería dorneira”, concerto dende unha batea, a cargo de Doctor Migraña e The Speedbyfriend.


Á noite, a organización realizou a entrega de premios ás peñas merecedoras na LXXV sinjladura da Festa da Dorna, así como da Copa da Rel. Un acto que da continuidade a música dos grupo de rock “Radio Zarpa” e “Neverloura”.


Un día non moi apacible que se gozou por todo o alto co humor dorneiro. Chegada a hora, comezou o asalto ás Fanequeiras, é dicir, aos locais de hostalería. Actividade que se prolongou ata altas horas da madrugada, protagonista compartida ca regata da recta final dunha Festa da Dorna especia.

A regata de embarcacións “Feitas á Machada” protagoniza a recta final da Festa da Dorna

Te puede interesar