O acto escolar das Letras no terreo da Calzada provoca un novo conflito entre Concello e Portos

O acto escolar das Letras no terreo da Calzada provoca un novo conflito entre Concello e Portos
O palco instalado polo Concello para o evento | Cedida

Cambados rexistrou onte unha nova polémica polo uso de terreos aínda en mans de Portos de Galicia, pero sen uso marítimo dende hai anos. Aconteceu no Paseo da Calzada. O Concello non lle pediu permiso para o tradicional acto escolar de celebración do Días das Letras Galegas, así que un funcionario do ente público advertiu da situación. Segundo o grupo de goberno de Somos, “tratou de impedir” o evento minutos antes de iniciarse e coa presenza xa de dúcias de rapaces. “En 40 anos, nunca se pediu autorización para este tipo de actos, nin para as ofrendas florais, nin siquera para os mitins e, de feito, o xulgado, a Xunta Electoral de Zona, concede A Calzada como espazo electoral. Nunca puxeron pegas”, explicou visiblemente molesto o concelleiro de Economía, Xurxo Charlín. 


Non obstante, fontes da entidade dependente da Xunta negaron categoricamente que onte houbera algún cambio de criterio nin un endurecemento da súa postura: “Os concellos saben, e é a súa obriga sabelo, que teñen que pedir autorización para calquera actividade en terreos que non son da súa competencia e, de feito, hai peticións doutras actividades escolares”. O asunto é, engadiron as mesmas, que “se sucede algo, a responsabilidade sería de Portos e non do promotor” da iniciativa.

 

Xestións no último momento

Finalmente, a acto celebrouse porque o Concello “fixo as xestións oportunas” ante a súa delegación de Pontevedra, pero o malestar é maiúsculo neste grupo do bipartito porque entende que non se trata dunha actividade con gran infraestructura, pois unicamente se colocou un palco durante dúas horas, e ademais, “non é algo que xere beneficio económico”. De feito, acusou a Portos de actuar con “avaricia”, por cobrarlle por probas deportivas que percorren o paseo marítimo ou a colocación dunha árbore de Nadal, sen esquecer o caso de Peña, onde o Concello pode realizar actos sempre e cando non xeren beneficio económico. “Pasaron case 200 anos dende que A Calzada deixara de ter uso marítimo e sigue cobrando polo seu uso durante a Festa do Albariño, a Feira de Oportunidades, a Feira de Antigüidades, etc.”, clamou o tenente de alcalde de Somos e candidato nestas eleccións municipais, Tino Cordal. De feito, Somos Cambados mandou un comunicado dende esta postura, recordando que no seu programa levan a desafectación de terreos coma estes. l

O acto escolar das Letras no terreo da Calzada provoca un novo conflito entre Concello e Portos

Te puede interesar