El alcalde de Cambados responde

El alcalde de Cambados responde
Samuel Lago

¿Cuándo vas a preparar unas buenas pistas de tenis y las vais a tratar para conservarlas en buen estado? As pistas de tenis actuáis foron renovadas completamente fai catro anos e periódicamente realízanselle tarefas de mantemento e conservación.

 

Haberá máis viaxes organizados polo Concello? Contempláchedes a posibilidade de organizar excursións familiares?

Sí, haberá máis, é una fórmula que funcionou moi ben, aínda que seguirán dirixidas a determinados colectivos que precisan apoio e iniciativa, non para o público en xeral.

 

Hai algunha solución para os actos vandálicos que se están a producir sobre os vehículos da vila?

Son actos vandálicos producidos por una persoa que actúa con cobardía coa única finalidade de facer dano. Unha soa persoa pode facer moito dano. Dende o concello incrementamos a vixiancia con maior presencia da Policía Local e sistemas de videovixiancia no entorno que esperamos surta efecto. A investigación dos feitos corresponde á Garda Civil.

 

El scape room de la igualdad me pareció una gran idea. ¿Habéis pensado en hacer otros?

Pues sí, es una magnífica forma de concienciar y educar jugando, por lo que lo volveremos a repetir e incluso se puede aplicar también a otros ámbitos además de la igualdad.

 

¿Alguna novedad del Albariño?

Alguna hay ya, pero se harán públicas en breve

 

Por que non se lle cobra un alquiler á Garda Civil pola Mercé? Está ocupando un espazo municipal que precisamos os veciños.

A Garda Civil ofrece un servizo ao pobo que queremos manter, polo que no seu día se asinou un convenio de cesión temporal de local mentras se construía o novo cuartel. Sabiamos que outros concellos limítrofes tamén se ofreceran.

 

Está funcionando a campaña polos excrementos dos cans? Porque na rúa segue habendo.

Apreciamos máis concienciación na poboación en xeral, pero o certo é que existen aínda propietarios moi desconsiderados que non teñen o mínimo interese e que pensan que é traballo dos operarios municipais a limpeza dos excrementos dos seus animais.

 

Fíxose algo para solucionar o problema dos cemiterios de Santa Mariña e Fefiñáns?

Porque non se acepta a proposta do Arzobispado dunha cesión? A proposta do Arzobispado non resulta satisfactoria para os intereses do Concello. Estariamos de acordo en facernos cargo das tareas de mantemento e conservación a cambio de una cesión por un tempo axeitado, pero seguindo o arzobispado coa xestión relixiosa e de culto.

 

Porque non se abre dunha vez a Rúa Pacheca?

É una obra moi interesante e que leva estancada dende hai 30 anos. Estanse realizando xestións para desatascar o proceso pero hai certas dificultades con algunas propiedades, que contamos con solucionar en breve.

 

Temos unha bonita sala de exposicións en Torrado, pero o estado a da carpintaría dá mala imaxe. Cando a van arranxar?

Temos un proxecto xa redactado para acometer a reforma, pero debido a una Praga de termitas esta non se pode acometer ata que remate o tratamento, que ten una duración de un ano.

 

Hai pouco anunciou vostede a construción dun skatepark en Cambados. Cando o veremos feito?

Espero que ao longo de este ano poidamos velo feito realidade, temos os terreos, o proxecto feito e a financiación solicitada.

 

Sabe cando van empezar as obras do Lidl?

É una obra privada, non depende do Concello. No que a nós respecta só nos compete a licencia, pero previamente precisa autorizacións doutras administración como Augas ou Estradas, que me consta están tramitando.

 

Cando estarán rematadas as novas beirarrúas de Ribeira de Fefiñáns? Vanse manter os 

aparcamentos?

Se non hai contratempos, a obra estará rematada a finais do mes de maio, e só se vai diminuir unha praza de aparcamento.

 

Non cre que había outras prioridades para gastar os cartos que se van meter nas obras de Fefiñáns?

Obviamente hai moitos investimentos que acometer, pero non todos se poden facer ao mesmo tempo, e esta é unha zona moi transitada que precisaba un arranxo, tanto estético como funcional. Non é só a escalinata, senón saneamento, abastecemento de auga, mobiliario urbano e espazos verdes.

 

Hai un problema cos colectores soterrados, algún da pena. A que esperan para eliminalos?

Os contedores soterrados non foron unha boa solución para a recollida de lixo. Teñen pouca capacidade, non son operativos, moitas avarías e non son seguros. Por iso temos programado o seu peche paulatino. Comezamos polo da Ribeira de Fefiñáns, nas próximas semanas será o turno do da rúa Infantas, logo o de Valle Inclán e progresivamente os demais.

El alcalde de Cambados responde

Te puede interesar